Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 09 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
Mos

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de 20 Vivendas de Promoción Pública en Mos

O contrato adxudicuose a firma DOSESMAS ARQUITECTOS SCP

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), formalizou o contrato para o servizo de redacción de proxecto e dirección de obra destinado á construción de 20 vivendas de promoción pública (VPP) na parcela 702 do polígono 52 do Plan Parcial de San Eleuterio, no concello de Mos. O investimento, que ascende a preto de 160.000 euros, foi anunciado a través da plataforma de contratos de Galicia.

 

 

Este contrato ten como obxectivo a redacción do proxecto para a construción das 20 VPP, xunto cos correspondentes locais comerciais e prazas de garaxe, no barrio de San Eleuterio-Tameiga. A iniciativa, financiada polo IGVS, está en liña coa Estratexia para a promoción de vivenda pública e o fomento da vivenda protexida, aprobada polo Consello o pasado mes de marzo.

 

A Estratexia ten como obxectivo principal incrementar nun 50% o actual parque público residencial de Galicia, chegando a un total de 5.600 vivendas para o ano 2026. Para acadar este fin, a Xunta ten en marcha diversos proxectos, con 375 vivendas públicas xa en fase de licitación ou construción en cidades como Vigo, Pontevedra, A Coruña e Santiago, cun investimento estimado de máis de 76 millóns de euros. Ademais, outras 395 vivendas, incluídas as 20 de Mos, están en fase de redacción de proxecto, sumando esforzos para fortalecer o parque público residencial e fomentar a accesibilidade á vivenda en Galicia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.