Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 10 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O concello forma a 100 veciños e veciñas nas profesións máis demandadas

A Xunta de Galicia concedeu á administración local unha subvención de 220.000 euros a través de fondos finalistas do Estado

O Concello consegue unha subvención de 220.000 euros da Xunta de Galicia para poñer en marcha o Programa Integrado de Emprego. Mediante esta acción formativa e durante 12 meses, 100 veciños e veciñas especializaranse nas profesións que demanda o tecido empresarial da contorna co obxectivo de aumentar as súas posibilidades de inserción laboral.

 

 

Entre as persoas que se benefician deste Programa Integrado de Emprego atópanse desempregados e desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, maiores de 45 anos, parados de longa duración ou mulleres vítimas de violencia de xénero, entre outros colectivos. Dispoñen de tres itinerarios para especializarse en sectores punteiros e cunha alta demanda como é o caso de montaxe e mantemento de instalacións eléctricas, albanelaría e fontanería e o sector servizos. Ademais, recibirán clases sobre técnicas de autocoñecemento, manexo de novas tecnoloxías orientadas á busca de emprego ou sobre o fomento de capacidade emprendedora.

 

A concelleira da área, Silvia Fernández, indica que “esta acción formativa é un exemplo da nosa aposta polo emprego como un dos motores de transformación da nosa vila” e pon en valor que “o goberno municipal foi quen de conseguir esta subvención de 220.000 euros da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e de Igualdade. É imporante para o municipio que os veciños e as veciñas que desexen incorporarse ao mundo laboral conten cos recursos necesarios”.

 

Este programa, que o Concello xa iniciou no mes de novembro, inclúe o compromiso de contratación de, polo menos, o 40% dos participantes e conta cun bolsa de axuda ao desprazamento para o alumnado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.