Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 10 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Axentes da Policía Local do Porriño socorren a unha muller atragoada

Axentes da Policía Local de Porriño realizaron unha intervención heroica ao salvar a vida dunha muller de 67 anos que sufriu un atragantamento mentres xantaba. O incidente ocorreu ás 13:46 do pasado 26 de decembro, cando a central da Policía Local recibiu un aviso do 112 e, ao mesmo tempo, o fillo da vítima chamou para informar que a súa nai estaba atragantada e non podía respirar.

 

 

A vivenda da muller estaba a tan só 200 metros da xefatura da Policía, e as patrullas desprazáronse rapidamente, chegando en menos dun minuto ao lugar. Alí, aplicaron de inmediato a manobra de Heimlich, conseguindo desbloquear o conduto respiratorio tras o terceiro intento.

 

Este non é o primeiro caso no que os axentes de Porriño evitan consecuencias tráxicas debido a atragantamentos, sendo esta a terceira causa de morte non natural en España, superando incluso aos accidentes de tráfico, segundo sinalan dende a Policía Local.

 

A concellaría de Seguridade, liderada por Abel Estévez, destaca a importancia de formar a todos os axentes en técnicas de primeiros auxilios, dado que moitas veces son os primeiros en chegar a situacións de emerxencia. Equipados con desfibriladores semiautomáticos e maletíns de primeiros auxilios, a súa rápida actuación foi crucial para salvar unha vida.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.