Galicia
El Goberno español asegura que a pesca non presenta "ningunha afectación" polos pellets
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, avanzou onte que "neste momento" o sector pesqueiro non presenta "ningunha afectación" pola presenza de 'pellets' de plástico na costa.
"Non temos noticia neste momento de ningunha afectación concreta que poida situarse no noso sector pesqueiro. Non existe nestes momentos ningunha información de problemas vinculados a esta situación que deriven en problemas para o consumo de peixe ou de mariscos", asegurou Planas na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, recalando que a saúde alimentaria é "fundamental".
Deste xeito, e despois do acontecido na costa galega, Planas foi contundente, apostando pola colaboración entre as diferentes administracións afectadas. "A mensaxe do Goberno é a máxima transparencia e colaboración, é o que os cidadáns entenden e polo que o Goberno vai traballar", zanxou. O titular do ramo aproveitou para facer unha reflexión sobre a saúde dos mares e océanos. "É un tema no que hai un gran risco para o sector pesqueiro, polo que as medidas implantadas pola Unión Europea e organismos internacionais para reducir a presenza de plásticos son fundamentais", subliñou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60