GALICIA
O alumnado de 150 centros de ensino galegos inicia a recollida de pilas no marco de Pilabot
Os centros participantes optarán a catro premios por un importe global de 7.500 € que deberán investir na compra de material ou en organizar actividades educativas
A Xunta de Galicia acaba de iniciar a quinta edición do concurso Pilabot en 150 centros de ensino galegos, co obxectivo de concienciar á mocidade galega sobre a importancia da reciclaxe de pilas.
O certame Pilabot, posto en marcha pola Vicepresidenta Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración cos xestores de pilas autorizados na Comunidade —Ecopilas, ERP e Ecolec—, busca fomentar a reciclaxe deste tipo de residuos entre a comunidade escolar e as familias do alumnado, ao tempo que se facilita información e recursos didácticos para promover actitudes positivas que preveñan os problemas de contaminación que poden ser derivados se non se xestionan de forma adecuada.
Os centros competirán entre si ao longo de seis semanas lectivas para acadar as mellores cifras de recollida de pilas, acumuladores e baterías en desuso, que son dos residuos máis contaminantes que se xeran nos fogares.
Reciclar ten premio
Os gañadores do concurso de reciclaxe de pilas deste curso, durante o cal os centros participantes competirán entre si para acadar as mellores cifras de recollida, repartiranse 7.500 euros divididos en catro premios: dous de 2.500 euros cada un para o centro que máis quilos recupere e para o que teña a mellor taxa de recollida por alumno, e outros dous de 1.250 euros para os segundos clasificados en cada categoría.
Os colexios que ao remate da competición resulten galardoados deberán destinar o diñeiro dos premios recibidos á compra de material escolar, deportivo ou á organización de actividades educativas co seu alumnado.
En todo caso, os centros participantes na campaña Pilabot tamén poden ter acceso a outro tipo de actividades, como talleres didácticos sobre a reciclaxe de pilas, que inclúen, ademais, actividades participativas

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60