Galicia
O vertido de pellets chega a Eurocámara
A proposta da eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e a través do grupo Verdes - Alianza Libre Europea, o vindeiro pleno da Eurocámara -que se celebrará a próxima semana en Estrasburgo- incluirá un debate sobre a contaminación na costa galega provocada pola vertedura de pelets. “Temos a satisfacción de facer en Bruxelas todas as accións que están na nosa man para defender o noso mar, para defender a nosa costa, para defender a nosa xente traballadora do mar”, subliña Miranda.
“Como eurodeputada galega do BNG acabamos de conseguir que a semana vén no pleno de Estrasburgo poida celebrarse un debate específico e urxente sobre a situación da marea dos pelets en Galiza”, explica Ana Miranda, quen considera que o debate “vai falar da solidariedade así como da grave situación pola que atravesan os concellos e o voluntariado”.
Segundo manifesta a eurodeputada nacionalista “é unha gran noticia” que a Conferencia de Presidentes do Parlamento Europeo - onde se negocian as urxencias e os textos que entran nos plenos- “aceptase hoxe a nosa proposta urxente de que a semana que vén no pleno poida haber un debate sobre a situación que se está producindo de marea plástica no noso país”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60