Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 12 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
Mos

Mos avanza na súa integración no sistema VioGén

O Concello de Mos prosegue coa súa iniciativa de integrar a Policía Local no Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero, coñecido como VioGén, tal como fora acordado na Mesa local contra a Violencia de Xénero.

 

 

Nun encontro celebrado onte no salón de sesións do Concello, a alcaldesa Nidia Arévalo, a Xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller Manuela Vilaboy, xunto co concelleiro de Igualdade Leo Costas, o persoal do CIM de Mos e o xefe da Polícia Local Gerardo Álvarez, avanzaron no proceso de adhesión ao sistema.

 

A alcaldesa, Nidia Arévalo, presidiu a Mesa local contra a Violencia de Xénero o pasado 16 de novembro no Pazo de Mos. Nese evento, foron tratados diversos temas relacionados coa violencia de xénero, e acordouse avanzar no proceso de integración da Policía Local ao Sistema VioGén.

 

O VioGén, un sistema da Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior, funciona conforme á Lei Orgánica "de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero". Busca aglutinar institucións públicas relacionadas coa violencia de xénero, integrar información relevante, realizar predición do risco, facer seguimento e proporcionar protección ás vítimas en todo o territorio nacional, e emitir alertas en caso de risco detectado.

 

Arévalo e Vilaboy avanzaron no proceso de incorporación de Mos a este sistema. O primeiro paso será a adhesión ao Protocolo FEMP 2006 pola Xunta Local de Seguridade, seguido pola firma dun Protocolo de colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local. Posteriormente, solicitarán á Subdelegación do Goberno en Pontevedra a incorporación e a firma do Convenio entre o Ministerio do Interior e o Concello de Mos.

 

Este proceso formalizará a participación de Mos no sistema VioGén, incluíndo formación en violencia de xénero e no manexo da plataforma VioGén para os efectivos da Policía Local, mellorando así a protección ás vítimas de violencia de xénero no municipio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.