Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 14 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Primeiras accións formativas do programa SmartPeme

Arrancan as primeiras accións formativas do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas da Deputación neste 2024, con catro novos cursos. Os obradoiros desenvolveranse de xeito telemático e abordarán temas relacionados coa ciberseguridade, audio marketing, a creación dun blog turístico e growth marketing.

 

 

A primeira das xornadas comeza este luns, 15 de xaneiro, ás 10:00 horas con “Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet”. O obxectivo deste taller, impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire, é dar a coñecer os riscos aos que a cidadanía se expón cando navega por internet.

 

O martes 16, de 17:00 a 18:00 horas, terá lugar o taller “Audio márketing: crea e diferénciate da competencia cos podcast” impartido por Laura Carrera, asesora de márketing dixital e comunicación. O obradoiro  está orientado ao proceso de elaboración dun podcast e abordará aspectos como os beneficios de empregalo e a preparación dos seus contidos.

 

Pola súa banda o mércores 17 ás 10:00 horas dará comezo o obradoiro “Como crear o teu blog turístico” impartido pola profesional en turismo Patricia Cabaleiro. A través desta acción formativa aportaranse as claves para crear un blog turístico dende cero e impulsar o negocio achegándose a clientes potenciais.

 

Finalmente o xoves 18, de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar o taller “Growth márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio”, dirixido polo asesor en comunicación dixital e márketing online Adrián Fernández. No obradoiro, os asistentes aprenderán a empregar técnicas e estratexias do márketing dixital orientadas a un crecemento sostido no tempo dunha empresa ou proxecto, sempre en base ao estudo de datos e á metodoloxía ensaio/erro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.