Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 16 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:

O Concello de Ponteareas dá luz verde ao inicio das obras para a nova superficie comercial no Parque da Curuxeira

O Concello de Ponteareas autorizou o inicio das obras que permitirán aos veciños e veciñas dispoñer dunha nova área comercial no municipio, localizada no parque da Curuxeira. Para a construción do edificio que albergará un supermercado da firma Mercadona, a empresa solicitou á administración local os permisos necesarios para instalar varias casetas na contorna. Trátase de infraestruturas indispensáveis para que, por unha banda, os traballadores e traballadoras poidan desempeñar o seu labor e, por outra banda, para garantir o correcto desenvolvemento das actuacións.

 

 

O espazo que na actualidade ocupan estas casetas será restituído ao seu estado inicial toda vez que a construtora finalice as obras. Deste xeito, o parque da Curuxeira recuperará a parte do terreo no que agora se atopan estas infraestruturas antes de que teña lugar a inauguración da nova superficie comercial. Segundo as previsións, os traballos remataranse durante os últimos meses do ano.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.