Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 13 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Os socialistas presionan para o arranxo dun muro no colexio Nosa Señora dos Remedios

Os concelleiros socialistas, Vanesa Fernández e Rubén Pérez, xunto co Secretario Xeral, Delfín Domínguez, visitaron o Colexio Nosa Señora dos Remedios en Ponteareas para avaliar de primeira man as deficiencias e perigos asociados ao estado dos muros, que o colexio ven denunciando desde o comezo do curso escolar.

 

O Colexio Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas alertou repetidamente sobre o mal estado dos muros que separan o centro das antigas casas dos mestres. Estes muros presentan un grave risco de derrubamento sobre o patio de recreo, poñendo en perigo a seguridade dos alumnos e alumnas. A pesar das continuas advertencias da dirección do centro e das familias, o concello limitouse a colocar vallas de obra e cintas plásticas, medidas que se consideran insuficientes e ineficaces.

 

Esta falta de acción por parte do concello reflicte un desinterese evidente pola educación pública e polo benestar dos nenos e nenas de Ponteareas. É inaceptable que se poña en risco a vida das persoas debido a cuestións económicas ou políticas. O concello ten a obriga de garantir condicións dignas e seguras para o desenvolvemento da actividade educativa, e non pode ignorar un problema tan grave.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.