Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 13 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
TUI

Constituído o Consello de Goberno da Radio Municipal de Tui

Coma primeira acción encarga a redacción dunha nova ordenanza dos prezos públicos da publicidade na emisora municipal

O Consello de Goberno da Radio Municipal de Tui está xa constituído para os próximos catro anos. Está presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que onte non puido asistir á reunión de constitución. Forman parte do mesmo un representante de cada un dos grupos políticos que conforman a corporación municipal de Tui que son Ana Núñez polo PSOE, Dolores Soto polo PP, José Martínez Tato polo BNG e José Manuel Palacín por C21.  Forman parte tamén do Consello dous representantes das asociacións e clubs inscritos no rexistro municipal que foron elixidos na reunión celebrada o pasado mes de decembro. Trátase de Pablo Comesaña da Asociación Cultural Enfoques e Ricardo da Silva da Asociación de Muiñeiros do río Tripes. Amais forman parte tamén deste órgano, con voz pero sen voto, o director da emisora, Jose Font, e coma representante do Consello de Emisión, formado por tres traballadores e tres persoas colaboradoras, Beti Rey.

 

 

Nesta primeira reunión o Consello de Goberno encargou ao director da emisora municipal iniciar os trámites e estudos para a redacción dunha nova ordenanza municipal dos prezos públicos pola emisión de publicidade na Radio Municipal de Tui, co fin de adaptar o seu contido á actualidade tanto en canto aos importe do prezo público coma as distintas modalidades de publicidade existentes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.