Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 13 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
Mos

O Concello de Mos inicia a reposición de muros danados polos temporais

O Concello de Mos ten planificado comezar a reposición de muros danados polos temporais e intensas choivas que afectaron os viáis do municipio nos últimos meses. A próxima semana dará inicio un plan de actuación que abordará os danos en muros e peches perimetráis en diferentes parroquias de Mos.

 

 

Os concelleiros de Obras, Camilo Grandal, e de Patrimonio, Leo Costas, visitaron os desperfectos causados polo temporal na zona da Furna, que será a primeira en recibir as labores de reposición nas próximas semanas.

 

As choivas intensas e os temporais deixaron un rastro de danos en diversos peches e viáis municipais, levando ao Concello de Mos a emprender un ambicioso plan de reparación. O inicio das actuacións terá lugar nos próximos días na subida á Cañoteira, na parroquia de Sanguiñeda, co apoio da Deputación de Pontevedra. Posteriormente, o plan continuará na Rúa Olegario Rodríguez Pérez, en Cela, con fondos propios do Concello de Mos.

 

A partir do luns, día 15, está previsto que se inicien os traballos de limpeza e actuacións topográficas, co obxectivo de completar as reparacións en febreiro na zona da Furna en Pereiras e no camiño da Quiringosta en Sanguiñeda. Este último agarda a aprobación final da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

 

A alcaldesa de Mos sinalou que o concello está a cumprir co compromiso de abordar os problemas derivados dos temporais en diferentes puntos do municipio coa implementación deste novo plan. As accións serán posibles grazas á colaboración entre o Concello e a Deputación Provincial a través do Plan Máis Provincia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.