Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 15 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Axudas de ata os 10.000 € para as Comunidades de Augas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co deputado de Acción Comunitaria e Equipamentos Públicos, Javier Tourís, deu a coñecer este pasado sábado o Plan +Aqua, un programa destinado ás comunidades de augas da provincia dotado con un millón de euros, cuxas bases foron aprobadas o pasado mes de decembro. A presentación tivo lugar no Centro Cultural de Sobrada de Tomiño, onde López subliñou o "firme compromiso da institución coas comunidades de augas da provincia de Pontevedra".

 

 

Luis López destacou que este plan, que pon o foco na xeración de sinerxías positivas, especialmente no ámbito rural, enmárcase no novo modelo de xestión da Deputación de Pontevedra, centrado nas persoas, sostible e alineado cos obxectivos de afrontar o reto demográfico. "Tiñamos unha débeda coas comunidades de augas, que xogan un papel imprescindible nos espazos máis afectados pola desigualdade territorial", sinalou o presidente. Así, surxe +Aqua co obxectivo de "mellorar o medio rural e as barriadas urbanas mediante un aproveitamento máis eficiente dos recursos; vixiar a xestión da auga apoiando e reforzando a participación das comunidades locais; garantir o acceso universal e equitativo á auga potable, asegurando a súa calidade e sostibilidade; impulsar infraestruturas e equipamentos comunitarios que faciliten a autoxestión e a transformación social do territorio e, en definitiva, mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, promovendo e dinamizando a implantación homoxénea de servizos comunitarios básicos".

 

As axudas do Plan +Aqua, cuxa convocatoria está aberta ata o 29 de febreiro, abranguen entre os 6.000 e os 10.000 euros por entidade. Con estes recursos, as comunidades poderán levar a cabo melloras, reformas ou reparacións nas súas infraestruturas e instalacións de auga comunitaria; desenvolver accións de dixitalización, sostibilidade e eficiencia enerxética que redunden nunha mellora na calidade da auga; optimizar os sistemas de tratamento; legalizar novas concesións ou renovar as xa existentes, así como mellorar as captacións e as infraestruturas de almacenamento de auga.

 

A aposta da Deputación de Pontevedra polo tecido asociativo tamén se reflicte no ano 2024 con dous millóns de euros, xa que, ademais do millón do Plan +Aqua, tamén se aprobou outra partida de igual cuantía para as entidades veciñais a través do Plan Provincia Comunitaria, que foi presentado aos colectivos provinciais esta mesma semana.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.