Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 16 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Alumnos mosenses participan no programa “Visita o teu súper” de Vegalsa-Eroski

O establecemento Eroski Center de Mos acolleu durante a mañá de onte esta actividade, na que participaron 25 alumnos de 3º de primaria

Un total de 25 alumnos mosenses de 3º de primaria do CEIP Atín-Cela participaron onte no programa educativo “Visita o teu super”, que tivo lugar no supermercado Eroski Center de Mos. Trátase dunha das iniciativas do programa de actividades en horario lectivo que desde a concellería de Educación do Concello de Mos se oferta aos colexios do municipio.

 

O alumnado participante hoxe na actividade estivo acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Educación, Julia Loureiro, e o tamén edil mosense Leo Costas.

 

Impulsado pola compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, esta actividade ten como obxectivo sensibilizar aos máis pequenos -os futuros consumidores- en hábitos de vida saudables e fomentar comportamentos de compra responsables, ademais de aprender dunha forma diferente. Para levar a cabo esta xornada, Vegalsa-Eroski contou un ano máis co apoio do Concello de Mos.

 

A administración local de Mos, a través da concellería de Educación, impulsou e xestionou a participación dos diversos colexios da localidade nas actividades socioeducativas que a compañía vén desenvolvendo en Mos desde o ano 2015.

 

900 talleres prácticos e máis de 21.300 escolares participantes

Son xa máis de 21.300 escolares de Galicia e León os que participaron nos preto de 900 talleres prácticos que Vegalsa-Eroski leva a cabo desde hai 9 anos no marco dos seus programas educativos “Vista o teu súper” e “Mates no teu súper”.

 

As actividades, que se organizan nos supermercados e hipermercados da insignia Eroski da compañía de distribución alimentaria, permite aos escolares conectar os coñecementos adquiridos na aula cun contexto real como é un supermercado, facéndoo dunha forma lúdica e práctica. “Ademais, as iniciativas buscan tamén sensibilizar aos escolares sobre a importancia de levar unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saudables", sinala a coordinadora do programa en Vegalsa-Eroski, Eva Capelete, sobre os aspectos que se abordaron precisamente na xornada de hoxe cos alumnos mosenses, nun espazo tan cotián como é o “súper”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.