PROVINCIA
Alfonso Rueda encabeza a renovada candidatura do PP en Pontevedra
Os vigueses Patricia García (2), Julio García Comensaña (5) e Marta Mariño (8), a pontevedresa María Martínez (3), o conselleiro Román Rodríguez (4), o voceiro parlamentario Alberto Pazos (6), os edís Raúl Santamaría (7), de Vilagarcía; Dolores Hermelo (9), de Cangas; e María Deza (10), de Sanxenxo; e o director xeral de Gandaría, José Balseiros (11), acompañan a Rueda na parte alta da candidatura
O presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alfonso Rueda, vai encabezar a renovada candidatura popular na circunscrición da provincia de Pontevedra, que incorpora un 60% de membros novos e que ten representantes de todas as comarcas pontevedresas nunha clara mostra do alto grao de implantación do Partido Popular en todo o territorio.
Así, entre os 22 titulares que conforman a lista do PP en Pontevedra hai once incorporacións e outros once candidatos que repiten, o que supón un 50% de renovación, pero os cinco suplentes son novidades, o que eleva a cifra de caras novas ata preto do 60%. Ademais, a candidatura presenta un absoluto equilibro de xénero con 13 mulleres e 14 homes.
A parte alta da candidatura, conformada polos once asentos que ten na actualidade o PP no Parlamento galego por esta circunscrición, está conformada pola empresaria viguesa Patricia García (2); a pontevedresa María Martínez (3), que ocupa a xefatura territorial de Infraestruturas e Mobilidade; e os conselleiros de Cultura e Educación, o lalinense Román Rodríguez (4), e de Sanidade, o vigués Julio García Comesaña (5).
Ademais, tamén acompañan a Alfonso Rueda, o voceiro parlamentario popular, o redondelán Alberto Pazos (6); o edil vilagarcián Raúl Santamaría (7); a secretaria territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, a viguesa Marta Mariño (8); as concelleiras de Cangas Dolores Hermelo (9) e de Sanxenxo María Deza (10); e o director xeral de Gandaría, o cerdedense José Balseiros (11).
“Temos na provincia de Pontevedra unha lista moi renovada e rexuvenecida, conformada por xente moi preparada, coñecida e traballadora, que representa a todos os colectivos e sectores da nosa sociedade, polo que estou moi orgulloso e satisfeito de estar tan ben acompañado para defender os intereses da nosa circunscrición e para conseguir o claro obxectivo da maioría absoluta o próximo 18 de febreiro”, manifestou Alfonso Rueda en relación á lista pontevedresa, que conta con máis dunha quincena de persoas con responsabilidades actuais ou anteriores na política municipal, “coa clara intención de dispoñer de candidatos moi apegados e coñecedores do territorio e das necesidades dos cidadáns”.
A candidatura completa do PP para as Eleccións Autonómicas está conformada polas seguintes persoas:
1.- Alfonso Rueda Valenzuela (Pontevedra)
2.- Patricia García González (Vigo)
3.- María Martínez Allegue (Pontevedra)
4.- Román Rodríguez González (Lalín)
5.- Julio García Comesaña (Vigo)
6.- Alberto Pazos Couñago (Redondela)
7.- Raúl Santamaría González (Vilagarcía de Arousa)
8.- Marta Mariño Regueiro (Vigo)
9.- María Dolores Hermelo Piñeiro (Cangas do Morrazo)
10.- María Deza Martínez (Sanxenxo)
11.- Silvestre José Balseiros Guinarte (Cerdedo-Cotobade)
12.- Miguel Fidalgo Iglesias (Vigo)
13.- Raquel Plana Pinto (Ponteareas)
14.- María Felisa Rodríguez Carrera (Mos)
15.- Manuel Santos Costa (Marín)
16.- Moisés Rodríguez Pérez (Tui)
17.- Fernando Pérez Domínguez (Caldas de Reis)
18.- Ana Cristina Pérez Cabaleiro (Salceda de Caselas)
19.- Ana María Iglesias Rodríguez (Baiona)
20.- Alfonso Vázquez Reboredo (Portas)
21.- Iria María Charlín Pereira (Moaña)
22.- Guillermo Juncal Peñas (Pontevedra)
Suplentes:
1.- Cándido Muíños Balea (Poio)
2.- Sonia Baqueiro Abal (Soutomaior)
3.- Gonzalo Louzao Dono (A Estrada)
4.- Ana Belén Rodríguez Pino (As Neves)
5.- Nerea Porto Dopazo (Pontevedra)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60