Galicia
Pontón comprométese a volver negociar con Sánchez o "rescate" das autoestradas galegas
A portavoz nacional e candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, comprometeuse este luns a volver negociar co Goberno do Estado o traspaso e o rescate das autoestradas AP-9 e AP-53, co obxectivo de rematar coas peaxes. Se os galegos e galegas lle dan a confianza para ser presidenta, Pontón propora nos cen primeiros días de goberno a creación dunha comisión bilateral entre Xunta e Estado para abordar a situación das autoestradas galegas e poñer fin ao "agravio e a discriminación" que sofre o País respecto ás peaxes.
A candidata do BNG asistirá á manifestación do domingo porque "non se pode tolerar o abandono á xente do mar dun goberno que nin está nin se lle espera". Acompañada dun condutor de camión, Pontón percorreu a autoestrada entre Sigüeiro e Lalín para coñecer de primeira man os efectos da carestía das peaxes no sector do transporte e denunciar o "sablazo" que sofren todos os galegos ao teren que pagar, especialmente na AP-9, por utilizar unha infraestrutura "requeteamortizada".
A candidata lembrou que actualmente só hai tres autoestradas no Estado coa concesión máxima permitida (75 anos), e dúas delas, a AP-9 e a AP-53, están en Galiza. Isto simboliza "ata que punto os galegos e as galegas sufrimos un agravio que nos penaliza na nosa mobilidade pero tamén no noso desenvolvemento económico", subliñou Pontón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217