Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 16 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
Mos

A Deputación respalda cunha subvención a mellora da contorna da Igrexa de Sanguiñeda

A administración local de Mos avanza co seu compromiso co "Mos humanizado e das persoas", destacando os principais lugares de esparcemento nas distintas parroquias. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Urbanismo e natural da parroquia de Sanguiñeda, José Ramilo, anunciaron hoxe a obtención dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a redacción do proxecto de mellora da contorna da Igrexa de Sanguiñeda, situada no Barrio do Piñeiro.

 

 

A Deputación concedeu ao Concello de Mos unha subvención da Rede Ágora por un importe de 40.849,10 €, que será destinada á elaboración do proxecto de humanización integral da contorna da mencionada igrexa. Esta actuación é parte do compromiso electoral da alcaldesa, que agora se fai realidade grazas ao apoio económico da Deputación.

 

A superficie total da actuación abranguerá máis de 4.500 metros cadrados na parroquia de Sanguiñeda, e incluirá a adquisición dunha parcela de 775,72 metros cadrados, xa propiedade do Concello, para a incorporación ao patrimonio público. Esta parcela será habilitada como aparcadoiro público, contribuíndo á mellora das instalacións e servizos existentes.

 

A actuación de mellora comprenderá diversas áreas, desde a soterrado das liñas eléctricas e de telefonía existentes ata a creación de sendas peonís e/ou ciclables. Ademais, a intervención incluirá a construción de muros que contén o terreo de maneira escalonada, creando plataformas accesibles con pendentes suaves. Estas adaptacións permitirán o acceso a persoas con mobilidade reducida, promovendo a inclusión.

 

A superficie da contorna será tratada con materiais adecuados, incluíndo formigón continuo en varias cores, adoquín semicontinuo con zonas para o crecemento de herba, e unha superficie de xabre compacto para áreas peonís. A iluminación será variada, con proxectores enrasados no pavimento, farolas baixas nos percorridos de paso, e focos direccionables na praza.

 

A actuación proposta tamén ten en conta a protección do patrimonio local, en particular da Igrexa Parroquial de Santa María, catalogada como elemento de protección integral. Con esta iniciativa, o Concello de Mos avanza na súa visión de "Mos humanizado e das persoas", mellorando a calidade de vida dos seus veciños e poñendo en valor o patrimonio cultural e natural da localidade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.