Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 16 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Luis López traslada á presidenta da FEMP a axenda municipalista da Deputación

O presidente provincial agradeceu a vista da presidenta da Federación Española de Municipios e Provinciais nunha xuntanza con membros do goberno provincial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, trasladou á presidenta da Federación Española de Municipios e Provincias, María José Pelayo, a axenda municipalista do goberno provincial nunha recepción institucional que tivo lugar o pasado luns no Castelo de Soutomaior. Na recepción institucional, na que participaron membros do goberno provincial, analizáronse asuntos de interese mutuo para ambas administracións como o reto demográfico ou o investimento municipal.

 

Durante a cita, os dirixentes afondaron en cuestións como o financiamento ou as competencias das entidades locais, así como o papel que xogan os gobernos provinciais á hora de asegurar os servizos básicos nos pequenos municipios e actuar fronte a desafíos como o reto demográfico ou a axenda urbana. Neste sentido, Luis López subliñou o compromiso da Deputación de Pontevedra para asegurar nos concellos servizos que melloren o benestar da veciñanza, reducir a fenda dixital e apoiar o desenvolvemento económico dos negocios locais.

 

Como parte dese compromiso, a Deputación puxo en marcha o +Provincia ou o Plan Provincia Comunitaria, proxectos que Luis López presentou e detallou a María José Pelayo. O +Provincia é o plan de obras e servizos co orzamento máis alto da historia da Deputación. Un total de 48,2 millóns de euros que serán postos á disposición dos concellos da provincia e que, no reparto de fondos, ten en conta por primeira vez o reto demográfico. Así mesmo, o apoio a colectivos sociais, veciñais e culturais reflíctese no Plan Provincia Comunitaria, dotado cun millón de euros para dinamizar e apoiar o rico e variado tecido asociativo da provincia de Pontevedra; e o Plan extraordinario de infraestruturas deportivas, de 4 millóns, aspira a modernizar estas instalacións en todos os concellos.

 

López aproveitou o encontro para reivindicar o compromiso compartido coa FEMP á hora de poñer en valor o municipalismo, pois a administración local é a primeira en detectar as necesidades da poboación e sitúase en primeira liña de resposta para as demandas da cidadanía.

 

A Deputación na FEMP
A Deputación de Pontevedra é membro da FEMP e ademais o presidente Luis López Diéguez forma parte da Comisión de Diputaciones, Cabildos y Consells Insulars da Federación e é vicepresidente segundo da Red de Ciudades Saludables, da que forman parte 54 municipios galegos, entre eles a propia Deputación. Do mesmo xeito, o organismo provincial tamén forma parte de Villas Termales, a rede da FEMP que agrupa a 77 entidades locais que contan con augas minerais e termais, das que 26 son galegas e sete, da provincia de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.