VIGO
As exposicións de Rosendo Cid e David Fidalgo Omil na Sede de Vigo da Deputación
A sala Rosalía de Castro acollerá “Máis alá De catro a catro”, de Rosendo Cid, e a sala Maruja Mallo “Love”, de David Fidalgo Omil. Ambas mostras poderán visitarse ata o 1 de marzo
A Sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acolle desde este xoves, 18 de xaneiro, unha dobre exposición que encherá de arte as salas Rosalía de Castro e Maruja Mallo. Desta maneira, a primeira acubillará “Máis alá De Catro a catro”, de Rosendo Cid, e a segunda “Love”, de David Fidalgo Omil. Ambas mostras poderán visitarse ata o 1 de marzo.
“Máis alá De catro a catro” é un proxecto de intervención sobre o poemario de Manuel Antonio “De catro a catro”, co que Rosendo Cid intenta extraer “novos poemas”, nun sentido plástico, e obxectualizar cada unha das dezanove pezas que conforman esta obra. Faino desde un punto de vista vangardista, influído polo manifesto “Máis alá”, redactado polo poeta en 1932, e tratando de amosar ao público non só a transcendencia da obra de Manuel Antonio, senón tamén un modo diferente de achegarse á súa escrita e á arte e á literatura en xeral.
Rosendo Cid (Ourense, 1974), é un artista e escritor que traballa varios medios, coma a fotografía, a colaxe, a escultura ou o debuxo, nos que en ocasións inclúe textos que completan ou son parte fundamental das súas obras. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, prologou diversos catálogos de arte e comisariou exposicións, ademais de expor regularmente desde o ano 2000. Entre as súas últimas mostras individuais destacan “Todo aquilo que sucede e con todo non é”, no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (2021); “La duda es el único estado posible”, na galería Nordés (2018); ou “Fe de erratas”, na Fundación RAC (2017).
Por outra banda, en “Love” David Fidalgo establece unha reflexión sobre o clixé do amor verdadeiro na televisión. O artista leva anos producindo obras de animación sobre a sociedade que amosan a televisión e as redes, desde un punto crítico e irónico, a través do concepto do meme e do absurdo. Nesta mostra, Fidalgo convida aos asistentes a presenciar esta telerrealidade a través do retrato dos personaxes que a habitan e que, dunha maneira humorística, esconden unha imaxe perturbadora da sociedade.
David Fidalgo (Lugo, 1989), tamén graduado en Belas Artes en Pontevedra e cun máster en Álbum Ilustrado e Animación, compaxina as súas dúas paixóns, o cine e a arte, como realizador de animación a nivel nacional cun carácter e estilo moi persoais. Coas súas curtas de animación “Cartas a Superman”, “Homomaquia” e “Sandwich Cat” leva anos participando en festivais de cine de todo o mundo. Tamén formou parte de varias exposicións como “Cultivando incertezas”, no Centro Galego de Arte Contemporáneo ou “A costela de Adán”, na Galería Dupla de Santiago.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217