Ponteareas
Máis de catro mil alumnas/os participarán nas Xornadas de Teatro da FANPO
Directiva da FANPO e alcaldesa de Ponteareas deron a benvida ao alumnado
Inculcar valores, experimentar novos sentimentos e promover a reflexión a través dunha ferramenta tan creativa como o teatro é o obxectivo das Xornadas de Teatro da FANPO (Federación de ANPAs de centros de ensino público das comarcas do Condado, Louriña e Paradanta) que abríu as súas portas hoxe 16 de xaneiro no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas.
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e a directiva da FANPO deron a benvida ao alumnado agradecendo aos centros educativos a súa colaboración. Vintecatro mil alumnas e alumnos participaron nas anteriores sete edicións e arredor de catro mil alumnos e alumnas do Condado, Paradanta e A Louriña farano nesta oitava edición que está pensada para transmitir valores, fortalecer sentimentos e ofrecer ferramentas emocionais arredor dunha temática en común. “Este ano apostamos pola posta en valor do noso patrimonio de transmisión oral e, sobre todo, por ensinar a entender o ciclo da vida, os coidados e o respecto hacia os demais”, explica o presidente da FANPO, Alberto Vázquez.
Deste xeito a FANPO ofrece á comunidade educativa a oportunidade, ano tras ano, de participar nunha actividade lúdica, cultural e didáctica. Dende a FANPO apostan polo teatro porque fomenta a imaxinación e a creatividade, esperta inquedanzas e visibiliza a importancia de compartir folgos por un obxectivo común. As oferta programada é avaliada pola comisión de teatro e consensuada cos centros educativos participantes ofrecendo obras para público de infantil e primaria e obras para ESO e secundaria.
A alcaldesa, Nava Castro, puxo en valor o carácter didáctico do teatro co que os mozos e as mozas participan das cuestións que preocupan ao conxunto da sociedade. Agradeceu o traballo de FANPO e indicou que "contades co Concello para seguir apoiando estas iniciativas que buscan o crecemento persoal do alumnado". Dende o Concello ofreceron tanto apoio económico como de medios no uso de instalacións municipais, accesos e colaboración en cuestións de seguridade para que ao longo destes días todo se desenvolva dun xeito satisfactorio.
A comisión de teatro da FANPO, encargada da organización, explica que, ademais, supón un apoio tanto para as familias como para as e os docentes ao por enriba da mesa cuestións coas que poden conversar ou afondar nas aulas ou nos seus fogares.
Dende hoxe e ata o venres 26 Contraproducións e Migallas Teatro porán en escea “Apaga o candil, “Un avó especial” e “Camiño de historias” respectivamente.
Apaga o Candil
Apaga o candil é unha coprodución do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) e Contraproducións dirixida polo grande e coñecido contador de historias Cándido Pazó e protagonizada por Avelino González e Toni Salgado. As cancións e os ditos tradicionais arroupan todo o espectáculo co fin de difundir a literatura popular infantil de Galicia.
Camiño de historias
“Camiño de historias” é un espectáculo constituído por tres historias de tradición oral procedentes de diversos países de fala portuguesa que abordan dunha maneira amena e divertida cuestións como a interculturalidade e os dereitos humanos.
En cada unha das historias o público ten que atopar unha palabra, que é a esencia desa historia, e que xunto coas outras dúas, constitúe unha “fórmula” para que as persoas sexan felices. Tamén se destaca a grande utilidade do galego para facilitar a comunicación con máis de 280 millóns de falantes de portugués de todos os continentes (de Portugal, do Brasil, de Angola, de Mozambique de Timor Leste…) Cada relato é tratado dun xeito diferente. Así pois, nun prima a palabra, noutro, as imaxes e noutro recupérase a arte das contadoras e contadores ambulantes das feiras de antano. A importancia da lectura, o coidado das mascotas, o valor da música e da festa, o ritmo das estacións ou o ciclo da vida son outras das temáticas abordadas.
Un avó especial
“Un avó especial” é un espectáculo destinado a público familiar no que se aborda o tema da enfermidade do Alzheimer co obxectivo de axudarlles ós rapaces a comprender situacións que moitos deles poden vivir no seu contorno familiar.
Malia a seriedade do tema que trata ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da enfermidade e amosar a importancia que teñen os/as nenos/as para que os maiores vivan momentos felices.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60