Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 17 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta reclama unha instalación provisional no colexio de Barcelos

Mentres a empresa non repare os danos ocasionados no ximnasio

O xefe territorial de Educación en Pontevedra demanda ao Concello que traslade esa esixencia aos responsables dos destrozos

A Xunta de Galicia reclama que se habilite unha instalación provisional no Colexio CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos, en Pontevedra, mentres que a empresa responsable dos destrozos ocasionados non repare os danos producidos no ximnasio do centro, cuxo estado non permite a súa utilización.

 

 

Así llo demandou onte o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, á Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, nunha reunión de traballo na que tamén participaron o director do colexio e técnicos da Xefatura Provincial, co fin de avaliar a situación xerada por unhas obras alleas ao centro educativo.

 

No decurso da mesma púxose de manifesto que a responsabilidade íntegra de reparación dos danos causados atinxe á empresa que os provocou e, dado que o inmoble é de titularidade municipal, esta reclamación debe facela directamente o Concello de Pontevedra.

 

Neste senso, Xunta e Concello coincidiron en requirirlle á empresa que poña en marcha as medidas urxentes pertinentes para a reconstrución do ximnasio. Mestres tanto, desde a Xunta continuarase en permanente contacto coa dirección do centro educativo para facer un seguimento da situación. En todo caso, cómpre subliñar que a seguridade da comunidade educativa está garantida.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.