GALICIA
Ata 7,13 m€ para a contratación de orientadores laborais en concellos e entidades sen ánimo de lucro
Prevese que estas axudas que saen no Diario Oficial de Galicia -que se poden solicitar ata o próximo 19 de febreiro- beneficien preto de 135 municipios e entidades para a contratación ou o mantemento de arredor de 260 técnicos
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que eleva ata os 7,13 millóns de euros o orzamento para a contratación e o mantemento de orientadores laborais en concellos e entidades sen ánimo de lucro. A previsión é aproximarse as 135 entidades beneficiarias para a contratación ou o mantemento de arredor de 260 técnicos, polo que se poderán atender máis de 77.000 persoas desempregadas no conxunto da Comunidade.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 19 de febreiro.
Os contratos terán unha duración dun ano financiándose estes postos cunha contía máxima de 28.000 euros por cada técnico en orientación laboral incorporado a tempo completo e con 31.000 euros cando o contrato se desenvolva nunha entidade sen ánimo de lucro especializada na atención á discapacidade e/ou a persoas en risco de exclusión.
Os orientadores prestan asistencia para o autoemprego e artellan medidas encamiñadas a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego (inscritas no Servizo de Emprego de Galicia).
Así, entre outras funcións, elaboran diagnoses individualizadas sobre o perfil e necesidades dos desempregados, proporcionan información sobre o mercado de traballo e os distintos incentivos, deseñan itinerarios individuais e personalizados de emprego ou informan sobre a oferta de accións de formación profesional ou o proceso de recoñecemento das competencias adquiridas.
Os técnicos afectados por esta convocatoria, súmanse aos 130 que forman parte do servizo propio e permanente de orientación laboral e prospección da Xunta de Galicia destinados nas 53 oficinas de emprego da comunidade. Tamén existen, a maiores, arredor de 250 axentes de desenvolvemento local e axentes de emprego que exercen as súas funcións en entidades sociais e prestan atención á cidadanía galega.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57