Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 19 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño encarga aos escolares o seu cartel de entroido

O Concello convoca un concurso do que sairá o cartel anunciador desta festa

A Concellería de Educación e Normalización Lingüística e a OMIX do Concello do Porriño convocan o III Concurso Escolar de Carteis de Entroido como xeito de promover esta festa entre a veciñanza, sobre todo entre o sector da poboación máis nova.

 


Poderá participar o alumnado dos centros educativos do Porriño con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, así como o alumnado de Aceesca.


Establécense tres categorías de acordo coa idade, nas que haberá, para cada unha delas, 1º, 2º e 3º premio, baseados en artigos de material escolar. E escollerase un cartel gañador de entre todas as persoas participantes, que será a imaxe oficial para promover o entroido do Concello do Porriño 2024. A persoa autora deste cartel acompañará ao pregoeiro do entroido no balcón da casa consistorial.


Cada centro poderá participar con ata cinco carteis por categoría e a participación será individual. Os carteis poderanse entregar ata luns día 29 de xaneiro no centro cultural.


Valorarase a técnica creativa, o uso da lingua galega e a composición xeral do cartel, de acordo cos criterios apropiados a cada grupo de idade. Todas as características técnicas, contido e xeito de presentar os debuxos recóllense nas bases, expostas para a súa consulta no Taboleiro de Anuncios do Concello, na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística e nas redes sociais desta Administración.


Tódolos carteis serán expostos ao público no vestíbulo do centro cultural, así coma no blog do Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño e nas súas redes sociais durante as festas do entroido.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.