GALICIA
As universidades van conceder créditos de libre configuración ao alumnado que veña de bacharelato STEMbach
Rueda adianta que a medida se aplicará este curso e tamén de xeito retroactivo para os titulados en cursos anteriores
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou onte que as universidades galegas van conceder créditos de libre configuración ao alumnado que veña de estudar o Bacharelato en Ciencia e Tecnoloxía, coñecido como STEMbach. O obxectivo, segundo precisou, é seguir “reforzando e promovendo” estes estudos, que abren as portas a carreiras científico-tecnolóxicas, “profesións moi demandadas nesta sociedade cada vez máis dixitalizada. E Galicia tamén precisa destes profesionais”, defendeu o mandatario galego.
Deste xeito, o alumnado que supere o STEMbach e que se matricule posteriormente nalgunha das universidades públicas galegas verá recoñecidos con créditos de libre configuración gratuítos este mérito. Participarán, ademais, no programa Mentoring STEMbach de cada universidade.
En total, segundo precisou o presidente, poderán obter 1,5 créditos ECTS por curso académico universitario, ata un máximo de 6 créditos ECTS. Ademais, salientou que é unha medida que se vai aplicar este curso con carácter retroactivo. “É dicir, vanse beneficiar tanto para os que titulen de aquí en diante como para os que xa o fixeron en cursos anteriores”, puxo en valor.
O mandatario galego lembrou que o STEMbach é un programa formativo implantado no curso 2018/19 que fomenta as vocacións científico-tecnolóxicas no alumnado e que supón unha primeira aproximación ao mundo universitario para moitos estudantes. Con este fin, asinará convenios coas tres universidades públicas galegas para reforzar a súa implicación no STEMbach.
Neste curso son 775 os alumnos que cursan este ano o STEMbach, 449 deles en segundo curso, e algo máis de 1.000 os que xa titularon ao abeiro deste programa en anos anteriores e aínda están matriculados na universidade. Deste xeito, o mandatario galego apuntou que se agarda que se poidan beneficiar desta medida arredor de 1800 persoas.
Rueda cualificou este recoñecemento de créditos como a “principal novidade” da estratexia do Goberno galego para reforzar este programa educativo. E, por tanto, informouse dela hoxe no Consello da Xunta, no que tamén se deu conta doutras accións, entre as que se atopan o recoñecemento aos mellores traballos de investigación realizados por estes estudantes en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa de Vigo (UVigo) e coa da Coruña (UDC); e a creación da Rede STEMbach para impulsar o programa, facilitarlles recursos aos participantes nel e dar pulo á difusión de proxectos e boas prácticas.
Os alumnos que optan polo STEMbach cursan, a maiores do currículo da modalidade en que estean matriculados, unha materia de afondamento relacionada co ámbito STEM extracurricular de dúas ou tres horas semanais. Ademais, deben realizar un proxecto de investigación e actividades complementarias de formación en colaboración coas universidades públicas de Galicia, entidades ou organismos investigadores, así como con persoas investigadoras de recoñecida competencia.
Ata seis créditos
Os convenios de colaboración que asinará a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades coas tres universidades públicas de Galicia incluirán tamén o recoñecemento, a través dun certificado, dos labores desenvolvidos polo profesorado no marco do programa. A Consellería tamén lles concederá un certificado de innovación educativa.
O presidente da Xunta tamén deu conta doutras novidades, como o feito de que por primeira vez, outorgaráselles un recoñecemento aos proxectos de investigación realizados dentro STEMbach. Deste xeito, os mellores traballos de investigación das tres universidades participantes serán defendidos e expostos polo alumnado nun acto central, único e interuniversitario.
Para iso, publicarase unha convocatoria na cal poderán participar os centros que desenvolvan neste curso 2023/24 o STEMbach e cuxos estudantes presenten o traballo de investigación. Todos os centros, profesorado e alumnado recibirán un recoñecemento e mención pola súa participación. Os gañadores recibirán un distintivo para remarcar e subliñar o esforzo e o traballo realizado.
Recursos e difusión de boas prácticas
A maiores, Rueda salientou a creación da Rede STEMbach para impulsar o programa. Trátase dunha estrutura de apoio e reforzo aos axentes implicados na iniciativa con propostas que fomenten a colaboración. No que atinxe ao alumnado, incluirase no seu expediente un recoñecemento oficial por ter cursado este tipo de ensinanzas e terá preferencia para colaborar en determinadas accións específicas das universidades, ademais de obter os devanditos créditos de libre configuración de xeito gratuíto. Tamén se promocionará o seu traballo en feiras e publicacións científicas recoñecidas.
No caso dos docentes de STEMbach, o presidente explicou que se lle facilitará o acceso ás instalacións e equipamentos do Centro de Innovación Educativa e Dixital para a investigación e creación de proxectos, e poderán optar para iso a licenzas de formación. Tamén terán acceso a contidos específicos para o ensino das materias STEM e a un repositorio común de charlas relacionadas con estas disciplinas e difundirase o seu labor en publicacións científicas recoñecidas.
Ademais, organizaranse encontros que poñan en contacto o profesorado e o alumnado do programa para compartir experiencias, dificultades, vantaxes e procedementos de organización e desenvolvemento, e farase un acompañamento do profesorado e alumnado desde a Consellería a través dun espazo virtual común con recursos STEM.
Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia implantou o programa STEMbach por primeira vez no curso 2018/19 como experiencia piloto e foise consolidando para promover as vocacións científico-tecnolóxicas do alumnado nas materias STEM e achegalo ao ámbito universitario. Esta iniciativa facilita tamén a adquisición de competencias transversais como a creatividade, o sentido da iniciativa ou a resolución de problemas, así como a mellora das destrezas comunicativas e expresivas, con énfase na comunicación e divulgación científica, nas competencias dixitais e na incorporación da intelixencia artificial.
Ao longo das distintas edicións, teñen participado docentes tan prestixiosos como o xenetista e catedrático de Medicina Legal da USC, Ángel Carracedo. Na edición deste ano colaboran, en concreto, profesionais como Justo Arines (Facultade de Óptica e Optometría da USC), David Facal, Ana Nieto e Sonia María Valladares (Facultade de Psicoloxía da USC), Emilio José Padrón (Facultade de Informática da UDC), María Suárez Taboada e Armand Hernández (Facultades de Informática e de Ciencias da UDC), Antonio Pena (Escola da Enxeñaría de Telecomunicacións da UVigo), Pedro Cuesta (Escola Superior de Enxeñaría Informática da UVigo en Ourense) e Fermín Navarro (Escola de Enxeñaría Aeronáutica da UVigo en Ourense), entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57