GALICIA
A Xunta busca oportunidades de negocio na Science for Industry de Madrid
A Consellería de Economía, Industria e Innovación conta cun stand institucional no que participan hoxe e mañá máis dunha decena de entidades de I+D+i galegas
A Xunta de Galicia busca oportunidades de negocio para os proxectos de investigación dirixidos á industria do ecosistema galego de I+D+i na feira internacional Science for Industry-S4i, que se celebra hoxe e mañá en Madrid. Así, a Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, conta cun stand institucional no que participan máis dunha decena de entidades de I+D+i galegas que presentan os seus proxectos de investigación para dar solución aos retos da industria, así como as súas spin-offs e patentes.
A participación neste evento enmárcase no programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Barrié, e que ten como obxectivo conectar o gran potencial da ciencia excelente e o entorno empresarial para converter a investigación en solucións de mercado. Participan no stand institucional as Universidades da Coruña, Santiago e Vigo; a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS); o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS); o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC Galicia); a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) −que engloba ao Centro Tecnolóxico Aimen, a Anfaco-Cecopesca, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Gradiant, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Energy Lab e o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (Cetim)−; o Centro Tecnolóxico da Auga (Cetaqua) e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole).
Science for Industry-S4i ten como propósito converterse no maior punto de encontro en materia de Deep Science (ciencia de fronteira) co obxectivo de transferir os resultados tecnolóxicos procedentes dos organismos xeradores de coñecemento cara o tecido empresarial para mellorar os seus procesos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57