GALICIA
Rueda enxalza o papel das entidades que traballan para unha sociedade inclusiva
O presidente do Goberno galego visitou a Asociación de Dano Cerebral Sarela
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou o traballo das asociacións, entidades e profesionais que traballan con persoas con discapacidade para a consecución dunha sociedade plenamente inclusiva e garantiu o apoio do Goberno galego “á altura” do “labor fundamental” que desenvolven.
Así o puxo en valor durante a súa visita ás instalacións da Asociación de Dano Cerebral Compostela Sarela, na que estivo acompañado pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García.
“Asociacións, profesionais e centros conseguen o que dificilmente se conseguiría só desde a Administración”, admitiu o mandatario galego en referencia á “vocación e profesionalidade” que ofrecen estas entidades de atención e apoio ás persoas con discapacidade, ao igual que salientou o feito de que facilitan “o arrouparse e o empuxe” entres familias. “E isto é fundamental e insubstituíble”, aseverou.
Por estes motivos, o titular do Executivo galego agradeceu o traballo das entidades que prestan unha axuda directa a usuarios e familiares cando máis o necesitan e incidiu en que o papel das administracións é “completar” este traballo con apoios e recursos necesarios.
Precisamente, a Xunta mantén un diálogo constante coas entidades para coñecer as súas necesidades e ten activas distintas liñas de apoio financeiro para que poidan desenvolver a súa actividade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.57