Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 20 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
TUI

A camelia protagonista da fin de semana en Tui

O Claustro da Catedral acolle a IX Mostra organizada por ATUCA

A camelia será protagonista da fin de semana en Tui coa celebración da IX Mostra da Camelia Cidade de Tui no Claustro da Catedral. O Concello de Tui colabora un ano máis neste evento organizado por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia.

 

Mañá sábado, ás 12.30 h, terá lugar a inauguración que contará coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra, do Concello de Tui, do Cabido da Catedral, da Sociedad Española de la Camelia e da International Camellia Society, e de ATUCA.

 

No Claustro da Catedral comezará mañá sábado a primeira hora a montaxe dos 123 metros de exposición, nos que un total de 75 persoas de Galicia, Asturias e Portugal, amosarán distintas variedades desta flor, algunhas delas novidosas que se exporán por vez primeira.

 

A IX Mostra da Camelia Cidade de Tui A IX Mostra da Camelia poderá visitarse mañá sábado de 16.30 a 20.30 h e o domingo de 10 a 14 h e de 16 a 20 h. Mañá no acto inaugural actuará o grupo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui, e o domingo na clausura a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro, que previamente, dende ás 18 h fará un pasarrúas pola cidade até rematar na praza de San Fernando.


Dende o Concello de Tui destácase a importancia desta mostra, que abre o calendario anual de exposicións da Sociedade Española da Camelia, que traerá a Tui a centos de persoas afeccionadas á coñecida coma flor da invernía.


O Concello de Tui traballa dende hai tempo para poder formar parte da Ruta da Camelia, que constitúe un importante atractivo turístico, que sumar ao legado patrimonial, histórico, cultural e natural que posúe a cidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.