A Campaña de Nadal deste ano en Redondela superou todas as expectativas, recompilando máis de 1.500 rexistros de clientes e un total de 64.466 participacións no sorteo de vales de compra por valor de 3.000€. Esta iniciativa, realizada completamente de forma dixital por primeira vez, demostrou ser un rotundo éxito, superando as cifras de participación dos últimos anos, nos que a participación se realizaba mediante papeletas.
En edicións anteriores, a participación en papel solía alcanzar as 40.000 unidades, con un retorno entre o 70% e o 80%, que os clientes entregaban á Asociación de Empresarios de Redondela ao realizar as súas compras. Agora, co novo formato dixital, a resposta foi espectacular, cunha cifra total de 64.466 participacións rexistradas.
A satisfacción é evidente tanto entre os premiados como nos comercios participantes, que destacan o bo funcionamento desta campaña. A nova modalidade dixital permitiu localizar facilmente a todos os premiados, unha mellora significativa respecto a outras formas de sorteos onde os gañadores ás veces eran difíciles de localizar ou non aparecían. A nova plataforma desenvolvida pola Asociación de Empresarios de Redondela, coa colaboración económica da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio, xogou un papel fundamental nesta mellora.
A iniciativa, denominada "PARTICIA!", abre novas oportunidades para os establecementos asociados, permitíndolles realizar promocións e sorteos para seguir impulsando as vendas dos pequenos negocios locais. O éxito desta campaña dixital de Nadal establece un precedente para futuras colaboracións entre comercios locais e as asociacións empresariais na promoción e dinamización da actividade comercial.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122