Domingo, 26 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 22 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O salcedense Alejandro Gómez na vangarda da investigación antártica

Este xaneiro Alejandro inicia a súa primeira campaña de investigación na Antártida / A.G.Este xaneiro Alejandro inicia a súa primeira campaña de investigación na Antártida / A.G.

O investigador galego, Alejandro Gómez Pazo, está a desempeñar un papel destacado na actual campaña de investigación na Antártida, desenrolada nos meses de xaneiro e febreiro. Natural de Salceda de Caselas, este xeógrafo forma parte do proxecto PARANTAR, liderado por Jesús Ruiz Fernández da Universidade de Oviedo.

 

 

A campaña ten como obxectivo principal estudar en detalle o proceso de deglaciación nas illas Shetlands do Sur, situadas na Antártida marítima. Este ambicioso proxecto incorpora tecnoloxías de vangarda, tales como drons, sensores RFID e cámaras time-lapse, xunto coa aplicación de datacións mediante cosmoxénicos. Todo isto permitirá comprender a evolución destes sectores nos últimos miles de anos.

 

[Img #86512]

 

Alejandro Gómez Pazo, quen traballa no departamento de Geografía y Geología da Universidad de León desde outubro pasado, trae consigo unha ampla experiencia tras pasar polo CSIC e, máis recentemente, pola Universidade de Santiago de Compostela. O seu bagaxe en sensores RFID e drons, fundamentais na súa tese de doutoramento sobre a evolución da costa galega, converteuno nun elemento clave nesta nova expedición ao continente antártico.

 

Nesta campaña, Alejandro asumirá responsabilidades centrais no emprego destas novas tecnoloxías para analizar as variacións na capa de xeo nas Shetlands do Sur e comprender as súas consecuencias. O grupo de traballo, integrado tamén por investigadoras e investigadores das universidades de Oviedo, Alcalá e a UNED, traballará arreo para aportar datos valiosos á comprensión dos cambios na Antártida.

 

Sen dúbida, a participación de Alejandro Gómez Pazo nesta expedición non só destaca a relevancia da investigación galega a nivel internacional, senón tamén o papel crucial que os expertos galegos están a xogar na vangarda da investigación antártica.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.