Lunes, 15 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP de Pontevedra destaca o potencial turístico da provincia

Os populares visitaron Aldán, no concello de Cangas, un dos destinos máis visitados neste verán polo turismo náutico e baluarte como un dos concellos que máis praias acolle no seu termo municipal

O Partido Popular de Pontevedra destacou esta semana o potencial turístico da provincia que no ano pasado bateu récords, tanto na chegada de turistas como de peregrinos. “Sen dispoñer aínda dos datos pechados do pasado ano, todo indica que o 2023 marcará un antes e un despois no posicionamento da nosa provincia como destino turístico de referencia”, precisou o presidente do PP de Pontevedra, Luís López.

 

 

O presidente provincial visitou hoxe  Aldán, no concello de Cangas, un dos destinos máis visitados neste verán como referente do turismo náutico e baluarte como un dos dos concellos que aglutina máis praias da provincia, xa que conta con preto de 40 no seu termo municipal.

 

López estivo acompañado polos candidatos do PP ás eleccións autonómicas, a viguesa Patricia García, a pontevedresa María Martínez, a concelleira de Cangas Dolores Hermelo; Manuel Santos Costa, de Marín, e  Iria Charlín de Moaña.

 

O dirixente popular lembrou que, primeiro foron os usuarios de Booking os que situaron a Pontevedra como o destino favorito á hora de planificar as vacacións en España, por diante de capitais turísticas como as Illas Canarias, Baleares ou Barcelona e Madrid. E agora, a comezos do ano 2024, recibimos a comunicación da área de Viaxes de National Geographic de que as Rías Baixas é un dos cinco candidatos de España para ser elixido como mellor destino gastronómico do país

 

Luís López destacou que o 2023 foi un ano de récords para a provincia, a ruta portuguesa pola costa do Camiño de Santiago medrou, un 72 % con respecto ao 2022. A tempada estival pechou cunha ocupación récord do 86,5 % en agosto no conxunto da provincia. As pernoctacións en Vigo e Pontevedra medraron un 4,8% e 12,3% respectivamente no pasado mes de novembro. “En resumo, un ano histórico no que a provincia de Pontevedra e as Rías Baixas consolídase como un destino turístico de referencia polo seus atractivos naturais e culturais”, incidiu o presidente do PP de Pontevedra.

 

“Sempre coa sustentabilidade e o coidado do medio ambiente como fío condutor, seguiremos potenciando a excepcionalidade da nosa provincia para consolidar a oferta turística a través da posta en valor da riqueza histórica, cultura, patrimonial e paisaxística da que gozamos en cada recuncho da nosa provincia. Por elo, dende o PP  de Pontevedra apostamos  por  un turismo de calidade, cunha oferta dun turismo aberto, sen masificacións, con paisaxes salvaxes e unha natureza sen igual, ademais de poder contar con ofertas gastronómicas e vitícolas de recoñecemento internacional”, explicou Luís López.

 

Presencia en FItur
Por outra banda, o presidente provincial do PP de Pontevedra indicou que a provincia estará presente en Fitur con múltiples presentacións. Destacou que a Deputación de Pontevedra volve estar presente nesta edición no stand de Turismo de Galicia, que acollerá a actividade promocional de toda Galicia, e resaltou que, “do que se trata é de facer algo conxunto, traballar todos xuntos, onde non importa a cor política”.

 

“Temos á nosa disposición un espazo de máis de 1.000 m2, onde se achegan en cada edición milleiros de persoas e de onde a Deputación de Pontevedra nunca debeu ter sáído. É incomprensible que as teimas persoais, os egos e a premisa que tiñan de decir que non e poner trabas continuas a todo que o tiña que ver co Goberno galego, teña prexudicado durante os últimos anos á provincia e á Deputación de Pontevedra, que volve este ano a estar presente no stand de Turismo de Galicia”, avanzou Luis López.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.