Sábado, 13 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 23 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP acusa ao PSOE provincial de “retorcer a realidade” para xustificar a petición dun pleno extraordinario

O voceiro provincial dos populares, Jorge Cubela, revelou que os socialistas presentaron senllas mocións fóra de prazo e por vía de urxencia, “polo que a súa exclusión do pleno de xaneiro é normal desde o punto de vista administrativo, pero se debatirán en tempo e forma”

O voceiro do Grupo Provincial do PP, Jorge Cubela, acusou na xornada de hoxe ao PSOE de “retorcer a realidade” para tratar de xustificar a súa solicitude dun pleno extraordinario, “que non xurde en ningún caso dunha postura obstruccionista nin antidemocrática do goberno provincial, senón que se debe en exclusiva á súa vagancia extrema e a mala xestión do seu traballo, que é algo que percibimos nestes seis meses de mandato”.

 

 

O deputado popular revelou que os socialistas presentaron senllas mocións, sobre o vertido de pélets de plástico e sobre a mellora da estrada EP-2702 en Pazos de Borbén, fóra de prazo e pola vía de urxencia, “polo que a súa exclusión do pleno ordinario da xaneiro, fixado para o martes 30, é normal desde o punto de vista administrativo, pero que non se preocupen que se debatirán en tempo e forma e máis pronto que tarde”.

 

“Os que fan o ridículo espantoso son os socialistas, que deberon estar de vacacións ou adicándose a desprestixiar ao noso sector do mar, como levan facendo todo este mes, e pasóuselles por completo o día de presentar as súas propostas, ou ao mellor foi unha ocorrencia de última hora en clave preelectoral, pero non só nos negamos a debatelas, senón que temos moitas gañas delo, porque a ineficacia e abandono dos socialistas ao sector do mar desde o Goberno de España foi e é lamentable”, significou o voceiro provincial.

 

Finalmente, Cubela garantíu a presenza nese pleno extraordinario solicitado polos socialistas dos membros do goberno provincial, “porque nós somos moi responsables coa institución e coa representatividade dos 944.000 pontevedreses e asistimos sempre, non como fai o PSOE, que só asiste aos plenos que lles interesa”, en referencia á súa espantada na sesión extraordinaria convocada para abordar a moción popular contra a amnistía. “Esa ausencia si que foi sonada, ridícula e antidemocrática, pero ata podemos chegar a entender que se agocharan para non ter que defender unha medida que rompe a igualdade dos cidadáns para mercar a presidencia do Goberno”, concluíu.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.