Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 25 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra de Miño contará con asesoramento a persoas emprendedoras

Ofrecerase acompañamento a todas aquelas persoas que queiran desenvolver o seu proxecto cunha atención tanto presencial como por videochamada

O Concello de Salvaterra de Miño comeza a brindar un servizo de asesoramento a persoas emprendedoras a través da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia. Se tes unha idea de negocio ou xa tes un negocio en marcha, podes atopar un acompañamento e asesoramento continuado no Polo de Emprendemento O Porriño, que inclúe ao Concello de Salvaterra de Miño no seu territorio de influencia.

 

 

Dende o Concello de Salvaterra de Miño, quérese impulsar o espírito emprendedor e potenciar o tecido empresarial da zona. Conscientes das novas oportunidades que están a xurdir, este servizo servirá de guía para aquelas persoas que queiran desenvolver o seu proxecto dunha maneira viable e segura. O Polo de Emprendemento de O Porriño, impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Ronsel, conta con máis de 100 proxectos atendidos dende a súa inauguración en novembro de 2023. O seu horario de atención é de 9:00 a 18:00 e atende persoas tanto de maneira presencial como por videochamada.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.