Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra, Salceda e As Neves avanzan cara a terceira edición do programa Xuntas

O Programa está financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e ofrece unha intervención multidisciplinar a través de formación, obradoiros e un servizo gratuíto de asesoramento xurídico, psicolóxico e laboral axustado ás necesidades das participantes

As dúas alcaldesas e o alcalde acompañados das respectivas Concelleiras de Igualdade, mantiveron unha primeira reunión de traballo de cara a terceira edición do Programa Xuntas, dirixido ás mulleres de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves en materia de formación, información, prevención e orientación e asesoramento xurídico, laboral e psicolóxico individualizado.

 

 

Así, os concellos participantes avanzan un ano máis no calendario de actividades a través de obradoiros de saúde, benestar, igualdade de xénero ademais do Servizo Integral e Especializado de Asesoramento Xurídico, Psicolóxico e Laboral.

 

O Programa Xuntas, que en anos anteriores obtivo a mellor puntuación de todos os proxectos presentados na provincia de Pontevedra e a segunda mellor de Galicia, xestiónase mediante o sistema de xestión compartida e está financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

 

Os tres Concellos quixeron poñer en valor unha colaboración institucional exemplar que permite ofertar máis e mellores servizos e optimizar recursos, o que repercute directamente na calidade das políticas públicas, dando ademais un exemplo de transparencia e boa xestión ao conxunto da cidadanía, especialmente na área de intervención do Programa Xuntas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.