Vigo
Ana Pontón: “Vigo terá co BNG un goberno aliado”
A portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, participou en Vigo na presentación da candidatura do BNG, acto no que destacou que as eleccións do 18-F non son nin unha “reválida” de Sánchez nin un “premio de consolación” para Feijóo”. Ao contrario, “estas eleccións van de Galiza, facernos valer cunha presidenta coas mans libres para defender os intereses dos galegos e das galegas, porque a min ninguén me vai poñer límites, nin desde Madrid, nin desde un consello de administración. Sei ben quen son, a quen me debo e de que lado quero estar, ao servizo da xente deste País”, proclamou.
Pontón deixou claro que “é o momento de ter unha presidenta capaz de poñer en marcha unha Galiza en grande”, man a man con maioría social que quere cambio e que ve no BNG a súa esperanza de futuro, subliñou, destacando que é hora de facer historia cunha muller presidenta.
“En 43 anos houbo seis presidentes, todos homes e todos de forzas estatais, pero non lograron poñer a este País no lugar que lle corresponde, por iso penso humildemente que Galiza vai saír gañando cunha presidenta, e convoco á cidadanía a que nos dea a oportunidade de demostrarlle que podemos facelo mellor, que Galiza vai saír gañando cun goberno do BNG”, salientou desde Vigo.
Porque o Bloque ten un proxecto solvente para gobernar desde o rigor e o realismo, desde a ambición e coa capacidade para transformar en positivo, “para darlle á xente un País cunha sanidade e unha educación mellores, con máis benestar e máis oportunidades, no que se aposte pola ciencia e a innovación, pola industria e pola creación de emprego”, sintetizou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60