Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Xunta coñece o proxecto de GRI Renewable Industries para as antigas intalacións de Ganomagoga

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión de traballo con directivos da empresa

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo onte unha reunión de traballo con directivos da empresa Gri Renewable Industries para coñecer o proxecto que vai desenvolver nas antigas instalacións de Ganomagoga en Ponteareas, logo da súa adquisición.

 


Lorenzana informou á empresa das ferramentas que a Xunta pon a disposición do tecido empresarial para acompañalo e asesoralo nas súas iniciativas, como é o caso da Oficina Económica de Galicia ou os plans para a dinamización industrial.


A conselleira amosou a súa satisfacción por que poida manterse a actividade industrial na zona da man dunha empresa con máis de 15 anos de experiencia no sector eólico -en concreto no relacionado con compoñentes para a eólica terrestre- e que conta con 18 fábricas e presenza en oito países, ademais de dar emprego a máis de 400 persoas en Galicia.


Tamén puxo en valor a actividade da empresa polo seu papel non só na contribución no desenvolvemento de enerxías verdes, senón tamén pola dinamización que supón para a industria auxiliar asociada.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.