VIGO
O BNG garante a reforma integral das “abandonadas” pistas de atletismo de Balaídos con Ana Pontón
A fronte nacionalista critica que o PP botara por terra o convenio de reforma impulsado polo Bloque en 2009 para alimentar a confrontación partidista co Goberno de Caballero
O Bloque Nacionalista Galego garante a reforma integral das “abandonadas” pistas de atletismo de Balaídos cun Goberno presidido por Ana Pontón. Así o avanzou este pasado martes a candidata e deputada do BNG, Alexandra Fernández, xunto co portavoz municipal en Vigo, Xabier P. Igrexas, quen denunciaron o estado “lamentábel” das instalacións pola falla de vontade da Xunta na súa mellora coa “coartada da confrontación partidista” co Goberno de Abel Caballero. “Un dos primeiros proxectos que paralizou o PP de Feixoo e Rueda nada máis chegaren ao Goberno galego en 2009 foi a reforma destas pistas de atletismo de Balaídos”, cuestionou Fernández, criticando que os populares botaran por terra o convenio asinado por iniciativa do BNG entre o Concello de Vigo e a Xunta para a remodelación do complexo deportivo.
Fernández lamentou que este intercambio de reproches permanente entre administracións teña “as pistas a caer a cachos” castigando ao atletismo vigués, malia a súa enorme potencia deportiva. “Diante desta situación incomprensíbel, o BNG temos un compromiso tan sinxelo como inequívoco: unha Xunta de Galiza presidida por Ana Pontón a partir do vindeiro 18 de febreiro vai cumprir con Vigo liderando e financiando a reforma destas pistas de atletismo”.
Promesas incumpridas de Abel Caballero
Na mesma liña, o portavoz municipal do BNG de Vigo culpou ao Goberno de Abel Caballero de “agravar o abandono” destas instalacións, que padecen inundacións pola choiva, non contan cun ximnasio en condicións e con vestiarios en condicións insalubres, entre outras eivas. “Malia os reiterados e falsos anuncios, a realidade é que hoxe non está nin elaborado o proxecto básico desta reforma que o alcalde de Vigo prometeu reiteradamente”, criticou.
Sobre a Xunta de Galiza, lamentou que o PP se limitara nos últimos anos a executar medidas “cosméticas” como a apertura dun módulo cuberto para a práctica do atletismo no Ifevi que, advertiron, non poden utilizar a maioría das e dos deportistas.
Revolucionar o deporte en Galiza
Dende a fronte nacionalista enmarcaron esta proposta na súa aposta por “revolucionar o deporte” en Galiza, deixando atrás as políticas de “desleixo” do PP durante os últimos 15 anos. Nese sentido, a candidata do BNG trasladou o compromiso de intensificar o apoio aos clubs deportivos, impulsar unha Lei de Igualdade no Deporte para que as mulleres deixen de ser tratadas a nivel institucional como deportistas de segunda, así como potenciar as seleccións galegas en todas as disciplinas pulando pola súa participación en competicións internacionais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60