Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

A vivenda segue a encabezar a suba anual de licenzas urbanísticas en Mos

En 2023 creceu un 48% o número de permisos concedidos para acondicionamento de vivendas

Como cada ano no mes de xaneiro a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, fan balance das licenzas tramitadas e concedidas polo departamento municipal durante o ano anterior.

 

 

Así o fixeron hoxe Arévalo e José Ramilo, que informaron da continuidade da progresión ascendente do número de total deasuntos de Xunta de Goberno Local de Urbanismo e Medio Ambiente que foron un total de 663 os tramitados en 2023.

 

Rexedora local e edil de Urbanismo destacaron a este respecto que o crecemento máis significativo no que a licenzas urbanísticas se refire, produciuse nas de actividades, comunicación previa e declaración responsable que pasaron de 93 en 2022 a 114 en 2023; e nas de comunicación previa de obras menores que pasaron de 140 en 2022 a 151 en 2023.

 

A porcentaxe de suba das actividades, comunicación previa e declaración responsable supón un 22% máis e a de obras menores un 8%.

 

Entre as actividades, comunicación previa e declaración responsable, a tipoloxía de licenza que máis se incrementou foi a decomunicación previa que pasou de 76 en 2022 a 102 en 2023, o que supón unha porcentaxe de suba do 34%.

 

Entre as obras menores o maior crecemento produciuse no acondicionamento de vivendas, que pasou de 31 licenzas en 2022 a 46 en 2023, rexistrándose así unha porcentaxe de incremento do 48% e quedando demostrado que Mos é un municipio que a xente elixe para vivir, con calidade de vida, e no que a veciñanza decide consolidar a súa residencia.

 

No caso das obras maiores as que máis creceron foron as de parcelación pasando de 4 en 2022 a 12 en 2023, supoñendo un incremento do 200%; e as de demolición pasando de 3 en 2022 a 8 en 2023, supoñendo unha suba do 170% máis.

 

Por último os representantes municipais, Nidia Arévalo e José Ramilo, salientaron tamén a subida experimentada na categoría de licenzas denominada outros expedientes tramitados, que pasou de 189 a 224 expedientes en 2023, o que supón unha suba do 19%. Nesta categoría, as subcategorías que máis creceron foron a de expedientes de Medio Ambienteun 17% (pasando de 147 en 2022 a 172 en 2023), a de varios un 150% (pasando de 10 en 2022 a 25 en 2023) e a dedisciplina urbanística un 250% (pasando de 2 expedientes en 2022 a 7 en 2023).

 

Tras a aprobación en 2017 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o balance urbanístico anual do Concello de Mos reflicte unha evolución moi positiva. A lectura deste último informe tradúcese en que Mos se consolida como unha localidade que particulares elixen para residir e asentarse. Nidia Arévalo considera “moi positivo este balance que está a ser posible ano tras ano grazas ao pulo que supuxo a implantación do Plan Xeral mosense, aprobado definitivamente en xaneiro de 2017, e que fai a Mos un Concello ideal para vivir. A existencia e implantación dun PXOM anima aos particulares a establecer ou consolidar a súa residencia en Mos; e a localidade mosense está a ser percibida e considerada como un bo municipio para vivir”, explica.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.