VIGO
Caballero asegura que se Besteiro é presidente os libros de texto volverán ser gratuítos
O presidente do PSdeG en Vigo pide o apoio da cidadanía viguesa para que a senda da cidade sexa “imparable” cos investimentos dos gobernos estatal e autonómico
O presidente do PSdeG en Vigo reclamou este mércores ante a veciñanza de Teis, que nas municipais de 2023 proporcionaron un voto “masivo” á súa candidatura, o apoio dos vigueses a José Ramón Gómez Besteiro, nas eleccións autonómicas do 18 de febreiro, para que sexa o novo presidente da Xunta de Galicia porque asume todos os compromisos de Vigo “que defendemos desde o goberno municipal”, como a gratuidade dos libros de texto.
Caballero incidiu en que mentres se atopan en marcha os preparativos do Concello para proceder ao pago dos 205 euros das bolsas de libros para máis de 28.500 estudantes censados en Vigo, Besteiro comprometeuse a que a Xunta asumirá o ano que vén este pago se chega á presidencia do goberno galego. “Se non quen o vai a pagar? Vigo outra vez?”, interpelou o líder dos socialistas de Vigo ao incidir en que “ten que ser a Xunta quen pague a gratuidade dos libros para que non sexan unha carga para as familias porque os tempos non son fáciles”.
O presidente dos socialistas de Vigo defendeu a reclamación do apoio a Besteiro argumentando que “con Sánchez en Madrid, con Besteiro en Santiago, e nós en Vigo, faremos que a senda desta cidade sexa imparable”.
“Queremos ir xuntos con Besteiro. Queremos que Vigo progrese a unha gran velocidade. Co goberno de España, a Xunta de Besteiro e a Zona Franca investindo na cidade; queremos que o porto se involucre con Vigo e o Concello seguindo o cambio dos últimos 16 anos, pero a moita máis velocidade”, argumentou Caballero.
O líder socialista censurou que os gobernos da Xunta presididos polo PP “deixáronnos sen tren, sen saída sur ferroviaria, sen autovía ao Porriño, quixéronnos pechar o aeroporto, quitáronnos unha caixa de aforros e unha longuísima lista de agresións con Feijóo e agora con Rueda”. Ante estas situacións, insistiu demandar “que isto cambie e que a cidade acceda aos investimentos ás que temos dereito” cunha administración galega liderada por Besteiro.
Caballero defendeu as reclamacións y as políticas sociais de Vigo acompañado polos candidatos socialistas por Pontevedra: Elena Espinosa, Carlos López Font e Leticia Gallego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60