Vigo
Vigo contará con 372 mesas electorais nas eleccións galegas do próximo 18F
236.000 persoas teñen dereito ao voto na cidade
O pleno da corporación municipal de Vigo celebrou nesta semana a sesión protocolaria do sorteo para formar as 372 mesas dos 80 colexios electorais conformados en Vigo con motivo das eleccións á presidencia da Xunta do día 18 de febreiro. O censo electoral, a 1 outubro de 2023, ascendía a 236.000 persoas.
Os corporativos de Vigo celebraron esta semana o pleno onde levou a cabo sorteo para elixir aos presidentes e vogais das mesas electorais que se constituirán para os comicios galegos do 18 de febreiro. Os membros a elixir para as mesas suman 3.348 persoas.
A corporación seguiu o procedemento establecido polo que os edís do PSOE, PP e BNG dixeron, por quenda, en voz alta e ao azar un número entre o 1 e o 999. Así se determinaron 9 cifras iniciais e outras 3 adicionais para suplentes ante posibles renuncias.
Un programa informático fixa ao azar, cos números determinados no pleno, aos elixidos en cada unha das 80 mesas .

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60