PROVINCIA
María Martínez: “Pontón veu a rirse e a mentirlle aos pontevedreses falando de falsas rebaixas da AP-9”
A candidata pontevedresa do PP cre que os galegos non merecen ser dirixidos por unha persoa que “minte descaradamente” e que dá por feitos uns descontos nas peaxes que xa foron incluídos no anterior pacto de investidura de Sánchez “e que seguen no limbo catro anos despois”
A número 3 da candidatura do PP pola provincia, a pontevedresa María Martínez Allegue, lamentou o contido da visita da nacionalista Ana Pontón á capital provincial, xa que “parece que veu a rirse dos pontevedreses e a mentirlles sen ningún rubor falando de falsas rebaixas da autoestrada AP-9, supostamente conseguidas polo BNG, cando todo sabemos que este ano as peaxes en Galicia subiron coma nunca por decisión do PSOE desde o Goberno de España e co apoio do BNG no seu tradicional papel de muleta”.
A candidata popular cre que os pontevedreses e os galegos non merecen ser dirixidos por unha persoa que “minte descaradamente” como fixo Pontón nun encontro con empresarios e sostén que, por elo, amosarán de novo “a súa confianza maioritaria en Alfonso Rueda e no Partido Popular, que teñen un proxecto de fiar e din a verdade, por exemplo no tema das peaxes das autoestradas autonómicas, que volveron a conxelar as súas tarifas este ano tanto para cumprir coa palabra dada como para axudar aos cidadáns nun momento no que as economías domésticas están moi afectadas pola inflación”.
María Martínez, que compareceu xunto á secretaria xeral do PP Provincial, Luisa Piñeiro, dixo que Pontón “vive na irrealidade”, xa que dá por feitos uns descontos das peaxes, que xa foron incluídos no anterior pacto de investidura de Pedro Sánchez “e que seguen no limbo catro anos despois, e moito nos tememos que así permanecerán no futuro, xa que o PSOE ten os seus intereses noutros territorios, nunca en Galicia, e o BNG asinte e consinte este maltrato á nosa terra”.
Ademais, engadíu que todo elo “estaría pendente de que esta medida se inclúa no proxecto de Orzamentos do Estado 2024, algo que vemos moi, moi lonxano, e logo que os mesmos resulten aprobados, que xa nos parece manexar unhas hipóteses bastante complicadas e, mentres tanto, a nosa provincia seguirá padecendo estas custosísimas peaxes”.
En todo caso, a candidata popular recomendoulle ao BNG que, se quere avanzar nesta materia, “comece dando exemplo e apoiando a moción presentada polo Partido Popular ante o pleno da Deputación para reclamar ao Goberno de España a rebaixa da AP-9 e da outra autoestrada da provincia, a AP-53 Santiago-Lalín, e para esixir a transferencia á Xunta da vía de alta capacidade do Atlántico”.
Por outra banda, María Martínez tamén considerou “delirante” que a candidata do BNG fale da súa intención de reindustrializar a comunidade e dunha suposta falla de confianza do empresariado no proxecto popular “precisamente en Pontevedra que, co modelo BNG implantado desde hai 25 anos, fai fuxir ás empresas como en ningún outro lugar de Galicia e, o peor de todo, que aínda non rematou, xa que os nacionalistas seguen querendo botar a ENCE”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129