CULTURA
A compañía de danza de Fran Sieira prepara a estrea do espectáculo ‘Ceibe’
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou os ensaios no Auditorio de Ribeira
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou recentemente no Auditorio de Ribeira os ensaios de Ceibe, a nova produción na que está a traballar Fran Sieira Cía. de Danza co apoio das subvencións á creación escénica da Xunta de Galicia, que hoxe mesmo fixo pública a convocatoria correspondente a 2024. O espectáculo ten programada a súa estrea o vindeiro 2 de marzo no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela de Cangas, tras a que emprenderá unha xira durante a que, a partir de abril, chegará tamén á Rede Galega de Teatros e Auditorios, con representacións en Ames, Vilagarcía de Arousa, Narón e Lugo.
O representante da Consellería de Cultura asistiu a un pase de mostra do espectáculo en proceso de creación, dentro do traballo en residencia no que se está a desenvolver esta nova proposta, xurdida como continuación da peza curta Neutrx, coa que Fran Sieira comezou a indagar en 2022 sobre o xénero e as súas formas de operar en diferentes ámbitos do cotiá.
Ceibe propón un ambicioso camiño de investigación no que se cuestionan as identidades de xénero, normativas e hexemónicas, do baile tradicional galego, experimentando con danzas do noso folclore para crear unha nova linguaxe máis inclusiva, afastada dos estereotipos que asignan distintos modos de bailar a cada un dos roles tradicionais.
A peza, de 60 minutos de duración, conta cun corpo de baile de nove intérpretes, entre os que figuran Aida Tarrío, do grupo Tanxugueiras, e Martín Mondragón, do proxecto Mondra, xunto a Adela Otero, André Adrio, Artur Pastoriza, Cristina Canosa, Xosé Adrao Casal Sío, María Montero e Patricia Sánchez.
Repertorio tradicional e vangarda electrónica
Conta, ademais, coa codirección artística do propio Fran Sieira e Sergio R. Suárez, con Laura R. Iturralde no deseño do espazo escénico e con Ërica Oubiña na creación do vestiario. MounQup e Carlos Quintá asinan a música dun espectáculo que transitará desde o repertorio tradicional á vangarda electrónica. Na creación do espazo sonoro, Isaac Millán emprega sons en directo como respiracións, arrastres e agarres, convertendo o propio movemento do corpo nun conxunto sonoro que ambientará a posta en escena.
Ceibe chega logo de que DeMente, a anterior produción de Fran Sieira e que aínda se mantén en repertorio, se convertese nun dos éxitos recentes da danza galega, con 31 representacións dentro e fóra de Galicia e sete candidaturas aos Premios Max en 2022.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129