Galicia
A Xunta anima á cidadanía a gozar das paisaxes e da biodiversidade dos 49 Sendeiros Azuis que ten Galicia
Ángeles Vázquez salienta que a comunidade conta este ano con 14 sendas azuis máis ca en 2023, uns espazos ideais para desfrutar da natureza, realizar actividades deportivas e de lecer ao aire libre.
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, animou a pasada fin de semana ao conxunto da cidadanía galega a coñecer os 49 sendeiros azuis cos que conta Galicia e a gozar das paisaxes e da biodiversidade existentes na súa contorna.
A responsable autonómica percorreu un tramo da senda do Laño, en Poio, que foi incluída este ano na lista de sendeiros azuis elaborada pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) e que busca poñer en valor o papel das sendas e camiños como recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de lecer ao aire libre así como aprender a interpretar ambientalmente estes espazos.
A vicepresidenta segunda, que estivo acompañada polo alcalde de Poio, Ángel Moldes, polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, agradeceu o compromiso dos concellos e do resto de administracións coa recuperación e difusión destes itinerarios naturais.
De feito, o Concello de Poio conta este ano con catro sendeiros azuis, o dobre que en 2023, pois ao Sendeiro litoral de Poio e á Variante espiritual do Camiño Portugués sumáronse a Senda do Laño e a Ruta dos muíños de Samieira.
Precisamente, Ángeles Vázquez lembrou que Galicia conta este ano con 49 distintivos, 14 máis que o ano pasado, co que a comunidade concentra case catro de cada dez dos 128 recoñecementos outorgados en toda España. Desa rede nacional de sendeiros, que supera os 850 quilómetros, Galicia aporta preto de 320 quilómetros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129