MOS
Mos aproba o convenio do GES polo que se duplican os seus traballadores
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Mos pasa de 6 a 12 operarios e o Concello inviste nel 22.000 euros do orzamento de 2024. O custo anual total do GES de Mos ascende a 320.000 euros
O Pleno do Concello de Mos aprobou esta mañá en sesión ordinaria do mes de xaneiro e por maioría dos seus membros, cos votos a favor do grupo de goberno e as abstencións de PSOE e BNG, a adhesión ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Deputación Provincial de Pontevedra, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais, GES.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Emerxencias, Leo Costas, informaron de que tras ser aprobada hoxe a adhesión ao convenio, iniciarase o procedemento de contratación dos novos traballadores.
Grazas ao devandito convenio, o Concello de Mos ve duplicado o número de traballadores do servizo, pasando de 6 a 12, un aumento de operarios que desde a administración local mosense levábase anos reclamando á Deputación de Pontevedra e que era enormemente necesario dado o alto volume de actividade do GES de Mos.
Este convenio ten por obxecto establecer o marco de participación e de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Mos, para o desenvolvemento das accións de asistencia en emerxencias e de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2024 e 2025, de xeito que se consiga unha maior eficacia en sinistros e na loita contra os lumes a través da optimización no uso de todos os recursos.
Para elo o Concello de Mos conta con subvencións concedidas polas diferentes administracións supramunicipais implicadas neste convenio, de cara a apoiar ao municipio para asumir o custo total de 320.000 € do GES de 12 traballadores de Mos. Así, desde o Concello aportarase o 10% do total, e os importes das axudas do resto de administracións son os seguintes: Deputación 128.000 €, Dirección Xeral Administración Local 15.750 €, Consellería Medio Rural Extinción 145.821,43 € e Consellería Medio Rural Prevención 6.428,57 €.
Este Convenio de colaboración foi asinado o pasado 29 de decembro pola Xunta de Galicia, concretamente por Diego Calvo Pouso, vicepresidente primeiro e conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, e José González Vázquez, conselleiro do Medio Rural; pola Deputación Provincial de Pontevedra, polo seu presidente, Luis López Diéguez e pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), polo seu presidente, Alberto Varela Paz.
En outubro do ano pasado, no Pleno de aprobación do orzamento municipal para 2024, a rexedora local Nidia Arévalo e o edil de Emerxencias, Leo Costas, xa avanzaban que “coa nova Deputación, o Concello de Mos conseguiu un GES de 12 traballadores en lugar de 6 como tiña antes, polo que a partida, para o seu cofinanciamento, duplícase con respespecto á consignada no ano 2023, alcanzando a contía de 22.000 euros”. Deste xeito Mos duplica tanto o número de traballadores do GES como a partida orzamentaria municipal destinada ao grupo de emerxencias.
Coa aprobación en Pleno da adhesión ao devandito convenio o Concello de Mos manifesta así a vontade de adherirse formal e expresamente a todas e cada unha das cláusulas do mesmo, asumindo as obrigas e compromisos derivados del e consuxeición plena a todas elas.
Os representantes municipais, Arévalo e Costas, remataron lembrando a “gran aposta que a Xunta de Galicia vén facendo dende hai anos polos GES galegos en xeral e polo de Mos en particular. Sen ir máis lonxe, en marzo do ano pasado, recibimos en Santiago de Compostela, de mans do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, equipamento para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) mosense, consistente nun novo camión autobomba. Con el sumamos 4 vehículos destinados a asistir emerxencias sendo o cuarto vehículo que se incorporaba ao parque móbil da nave do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos, sito na Veigadaña”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22