Sábado, 13 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 31 de Enero de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O concello recupera a ponte de Fontenla, un dos elementos patrimoniais da vil

A actuación conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra e rematará antes de que finalice este ano

O Concello recupera a ponte situada na parroquia de Fontenla, un dos elementos patrimoniais da vila que na actualidade presenta un estado de deterioro por mor dos temporais que rexistrou o municipio o pasado mes de xaneiro de 2023. A actuación conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra.

 

 

As obras que posibilitarán restablecer a estrutura da ponte xa comezaron e terminarán, segundo o calendario previsto, antes de que finalice este ano 2024. A actuación foi adxudicada a unha empresa local por un valor de 50.795,8 euros.

 

A intervención consiste, principalmente, na restitución do tramo da ponte que se desprendeu e que provocou a caída de diferentes árbores. Estas labores permitirán que a veciñanza de Fontenla conte de novo con esta infraestrutura para ser empregada como vía de tránsito e, ademais, recuperar un dos atractivos para os visitantes do municipio.

 

A concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández, apunta que “axilizamos este expediente para que, canto antes, se comezara esta obras que permitirá recuperar a ponte”. Ademais, indica que “o temporal que rexistrou o municipio o pasado mes de xaneiro de 2023 provocou que se desprendera parte da súa estrutura, imposibilitando o seu uso por parte dos veciños e das veciñas” e que “o noso obxectivo é atender ás solicitudes dos veciños e das veciñas así como coidar dos nosos elementos patrimoniais dos que dispoñemos na vila”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.