MOS
Mos instar a Transportes a solucionar a problemática das infraestruturas viarias que atravesan o concello
O óptimo mantemento da A55 e A52, conexión da N550 coa A55 dirección Tui, e a liberación da peaxe da AP9 en O Porriño, son algunhas das reclamacións que se acordou realizar ao Ministerio durante o Pleno de onte
O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos aprobou onte por unanimidade dos seus membros unha moción proposta polo goberno local para solicitar de forma urxente ao Ministerio de Transportes a solución para o mantemento da A55 e A52, conexión da N550 coa A55 dirección Tui, e liberación da peaxe da AP-9 en O Porriño.
Mediante a aprobación unánime desta moción acordouse instar ao Ministerio de Transportes, o arranxo integral e urxente das estradas da súa competencia en Mos, concretamente da autovía A-55 ao seu paso por Mos, con rehabilitación total do firme de todo o vial, dende Vigo a Porriño, con asfalto antirruido (Fonoabsorvente) e asfalto antideslizante.
Instar ao Ministerio de Transportes, ao arranxo e mantemento os carrís de incorporación e servizo a mencionada autovía A-55, os taludes e as vías de servicio paralelas (roza, limpeza, mantemento, beirarrúas,etc...), manter a súa iluminación, así como a construción das rotondas necesarias na antiga N-120 na zona de Ramilo e a rotonda ao nó de confluencia de entrada e saída a Mos por Puxeiros e arranxo do paso inferior á altura de A Rans (P.K. 10+000).
Instar ao Ministerio de Transportes ao estudo e execución dun acceso á A55 dende a N550 o seu paso por Amieirolongo, que desvíe o tráfico pesado da zona urbana de Sanguiñeda, solicitando que de xeito inmediato se realice o desvío pola A52 e posterior incorporación a A55 deste tráfico.
Solicitar ao Ministerio de Transportes, a liberación total da peaxe do tramo da AP-9, dende Puxeiros a Porriño, co fin de liberar de tráfico rodado da A-55 a maior brevidade posible. Instar a que se execute tamén en Mos o Plan de Acción contra o ruído do Ministerio de Transportes, coa implantación de medidas contra o ruído na A-55 e na A-52 en Puxeiros-Tameiga e Cerqueirás e Amieirolongo en Sanguiñeda, etc.
E solicitar ao Ministerio a modificación da estrada nacional 550 (Estrada Porriño a Redondela) a travesía urbana nos tramos que discorren dende o cruce do camiño vello de Santiago (Amieirolongo) ata o vial municipal do mesmo nome e o tramo do cruce de entrada ao Pazo de Mos, chamado cruce de Torroso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22