Viernes, 12 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 01 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destinará 130.000 euros a dotar de sistemas de reciclaxe a once concellos da provincia

Instalaranse illas ecolóxicas de contedores nos concellos de Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e Pontecesures

A Xunta de Goberno da Deputación acaba de dar luz verde á contratación, cun orzamento base de licitación de 130.000 euros, do subministro de illas ecolóxicas de contedores ao abeiro do proxecto “Da túa man” (rural), o programa de apoio á actividade comercial do rural da provincia que se desenvolve en once concellos da provincia: Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e Pontecesures. “Este é un proxecto que busca visibilizar e modernizar o pequeno comercio local no ámbito rural, así como crear vínculos en toda a cadea de valor do comercio local e do produto de Km 0”, explicou o presidente provincial, Luis López, en rolda de prensa.

 

 

En concreto, as illas ecolóxicas contarán con contedores específicos para papel/cartón, envases lixeiros, vidro, biorresiduos e restos, e as empresas interesadas poderán presentar propostas ata 15 días despois da publicación do anuncio de licitación. As instalacións deberán estar dotadas, ademais, dun panel con información para facilitar a identificación das diferentes fraccións de residuos, apoiando esta última con guías/folletos a distribuír entre os comercios, así como guías/folletos para facilitar a elección do xestor e o seu tratamento.

 

Ademais desta iniciativa que acaba de lanzar a Deputación, “Da túa man (rural I)” abrangue outros proxectos que xa están en marcha, como a instalación de dispositivos para a reciclaxe de residuos especiais, a posta en marcha dunha rede de comercio retallista, produtores locais e provedores, a instalación de sinalética integrada, a promoción de bolsas e mochilas sostibles, a posta en marcha de campañas de comunicación e promoción en soportes dixitais e diferentes accións formativas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.