PROVINCIA
A Deputación aproba o convenio para os Grupos de Emerxencia Supramunicipais
A institución aporta para o 2024 máis dun millón de euros, o 40% do orzamento total. A Xunta de Galicia achega o 52,5% e os concellos o 7,5% restante
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou onte a prórroga do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) da provincia. En concreto, a Deputación aportará para o 2024 o 40% do orzamento total, que supón 1.088.000 euros, mentres que a Xunta aportará o 52,5% e os municipios o 7,4% restante.
Entre as principais novidades, tal e como explicou o presidente da Deputación Luis López, o convenio recolle o incremento do financiamento, xa que este ano cada un dos GES recibirá 40.000 euros máis que o pasado, pasando dos 280.000 € do 2023 aos 320.000 €. Ademais, crearase un subgrupo de emerxencias de seis membros no Grove. “Unha petición que o Concello levaba tempo facendo, que vimos de facer realidade”, explicou o presidente provincial, Luis López, e que contará cun financiamento anual de 160.000 euros. Ademais, este ano iguálase a financiación dos servizos municipais de Ponteareas e Sanxenxo ao dos GES, pasando cada un deles dos 155.000 aos 320.000 euros.
![[Img #86683]](https://xornal21.com/upload/images/01_2024/848_20240130_xg_01.jpg)
Os Grupos de Emerxencia Supramunicipais existentes na provincia de Pontevedra na actualidade son os da Estada, Lalín, Mos, A Guarda, a Mancomunidade Val Miñor, Ponteareas e Sanxenxo, aos que se une este ano o subgrupo do Grove.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60