DEPORTES
Luis López remarca o apoio da Deputación ao tecido deportivo da provincia
O presidente provincial puxo en valor a traxectoria do club para impulsar o ciclismo e o deporte de base na provincia
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, achegouse este mércores á concentración que o Club Ciclista Rías Baixas está levando a cabo no municipio de Mondariz Balneario para participar na presentación da nova tempada do equipo ciclista. Despois de recoñecer a traxectoria da entidade e do seu fundador, Jose Luis Chamorro, López remarcou o apoio do executivo da Deputación ao tecido deportivo e ao deporte de base da provincia como unha das liñas estratéxicas da súa acción de goberno.
O mandatario provincial, amante e practicante do deporte da bicicleta, dirixiuse aos integrantes do equipo que leva o nome das Rías Baixas polas estradas de todo o país para destacar o traballo da entidade por fomentar os valores do deporte e a práctica deportiva entre a mocidade.
Finalmente, Luis López afirmou que o apoio ao deporte é un dos piares do goberno da Deputación. O mandatario provincial recordou que a Deputación destina este ano 9,5 millóns de euros para fomentar o deporte na provincia, así como o apoio na organización de eventos de primeiro nivel como O Gran Camiño, o paso de La Vuelta a España pola provincia ou a organización o próximo outono do Europeo de ciclocrós.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129