Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 01 de Febrero de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Mos reforza a súa Ordenanza Municipal de Medio Ambiente

O cambio na Ordenanza que se aprobou definitivamente no Pleno do pasado luns regula o horario do depósito do lixo nos contedores durante a tempada máis calorosa do ano para evitar acumulación e xeración de malos cheiros

O cambio na Ordenanza de Medio Ambiente que se aprobou definitivamente no Pleno do pasado luns regula o horario do depósito do lixo nos contedores durante a tempada máis calorosa do ano para evitar acumulación e xeración de malos cheiros

O Pleno do Concello de Mos aprobou definitivamente esta semana por maioría dos seus membros (cos votos a favor do grupo de goberno e o PSOE e en contra do BNG) a Modificación da Ordenanza de Medio Ambiente en materia de recollida de lixo.

 

 

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente, Laura Méndez, informaron hoxe de esta Modificación da Ordenanza de Medio Ambiente en materia de recollida de lixo regula o horario do depósito de desperdicios nos contedores por parte da veciñanza, en aras de evitar acumulación e xeración de malos olores.

 

Esta modificación da ordenanza municipal de medioambiente que concerne á modificación do artigo 187 ten que ver coa regulación horaria do depósito do lixo no contedor.

 

Así “estipúlase un horario delimitado na tempada máis calorosa do ano, co fin de evitar a acumulación de lixo que provoca malos cheiros durante as horas centrais do día coincidente coas cada vez máis elevadas temperaturas, recollendo unha reiterada demanda exposta polos veciños e veciñas, de zonas urbanas pero tamén do rural. Esta medida quérese englobar dentro dun ambicioso plan de comunicación que se vai a levar a cabo desde o Concello en colaboración coa empresa que xestiona a recollida de lixos pois, é a nosa obriga transmitir aos veciños as mensaxes e a concienciación que resulten precisos para alcanzar os obxectivos ademais de establecer os criterios, normas e mecanismos de funcionamento”, declarou Méndez Senlle.

 

Os obxectivos desta medida son:


• Mellorar os hábitos e a redución da producción.
• A potenciación da recollida selectiva.
• O emprego dos servizos municipais de recollida de voluminosos.
• E por último o uso responsable dos contedores.

 

O horario establecido para depositar o lixo nos contedores é de 20.00 horas da tarde a 05.00 horas da madrugada, tan só durante os meses de abril a setembro. De outubro a marzo o horario para desbotar os desperdicios nos contedores será totalmente libre en calquera momento do día.

 

“Para iso faise necesaria a corrección de determinados comportamentos de veciños e veciñas, esixe un cambio de mentalidade e dos costumes, así como unha participación activa dos mesmos, en fin, trátase de fomentar o uso racional e cívico dos nosos servizos comúns en pos dun Mos más sostible, humano e limpo. E para elo lembramos que existe un servizo de recollida de entullos a domicilio ao que chamar (tlf. 672 729 860) para evitar desbotar indebidamente os mesmos nas zonas de colectores ou noutros lugares utilizados como vertedorios incontrolados”, concluiu a concelleira. Deste xeito manifestase a aposta decidida do Concello de Mos polo coidado medioambiental da súa contorna e a xestión adecuada dos residuos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.