O PORRIÑO
Abre o prazo para inscribirse no campamento de entroido do Porriño
Esta actividade de conciliación impulsada pola concellería de Igualdade desenvolverase os días 12, 13 e 14 de febreiro en instalacións municipais
Están preto as vacacións escolares do Entroido e a concellería de Igualdade, que dirixe Carolina González, aposta un ano máis por facilitarlle ás familias un recurso que lles permita conciliar a vida familiar e laboral. Tal e como explicou a edil con este campamento “non só se facilita a conciliación, tamén se ofrece aos rapaces e rapazas de entre 3 e 14 anos (ambos inclusive) un lugar onde compartir as súas inquedanzas, experiencias e habilidades ao tempo que se fomentan entre eles valores de respecto, solidariedade, igualdade, a importancia da capacidade de escoita e de xestionar situacións de conflicto.”
Esta actividade de conciliación desenvolverase os días 12, 13 e 14 de febreiro en instalacións municipais..
As inscricións poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello ou de xeito presencial no Rexistro do Concello de Porriño en horario de 9 h a 14 h de luns a venres.
O prazo abrirase este venres 2 de febreiro e rematará o xoves 8 ás 9 h de igual mes.
As solicitudes poderán descargase na páxina web do Concello ou recollerse no primeiro andar. O aforo está limitado a 50 participantes que se seleccionarán, previa baremación e por orden de inscrición. Xunto coa publicación de admitidos e admitidas achegarase nota con información sobre o lugar exacto de entrega e recollida dos rapaces e rapazas así coma outros datos de interese.
Esta actividade forma parte do programa “Conciliación, corresponsabilidade doméstica e de impulso para acceder ao mercado laboral”, cofinanciado con procedentes do Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141